ANTES DE QUE CHEGUE O NADAL QUEREMOS CONTARVOS ALGUNHA COUSIÑA MÁIS DA NOSA VIDA NA ESCOLA ONDE COMO DICIAMOS AO PRINCIPIO DO CURSO "COMEZOU O CONTO".
NESTE TRIMESTRE ESTIVO DE VISITA NA NOSA ESCOLA A PERIODISTA LUCÍA QUE NOS FIXO UNHA FOTO PARA O XORNAL "EL PROGRESO".
QUE GUAPOS ESTAMOS NA PÁXINA CENTRAL DO XORNAL! GRACIÑAS LUCÍA!
O OUTONO CONTINUA A ENSINARNOS CADA DÍA ALGO NOVO E NÓS SEGUIMOS A PINTAR, XOGAR, EXPERIMENTAR CON EL.
COMO DESFRUTAMOS FACENDO O MURAL DE OUTONO PARA A CLASE!
É MOMENTO DE SEMENTAR, TOCOU PLANTAR... CASTAÑAS.
FOI DIVERTIDO PODER TOCAR A TERRA COAS NOSAS MANS E APARTAR ALGÚN QUE OUTRO BICHIÑO.
UTILIZAMOS PARA A NOSA SEMENTEIRA ENVASES DO LEITE, UN XEITO DE RECICLAR E COIDAR O NOSO MEDIO AMBIENTE.
XA ESTAMOS DESEXANDO VER OS CASTIÑEIROS!
MOI PRONTO A NOSA CLASE VAI PARECER UN SOUTO!
DEVAGARIÑO VAI PASANDO O OUTONO E A NOSA ESCOLA ARRECENDE A DOCERÍA, ESTAMOS A TRABALLAR NUN OBRADOIRO DE REPOSTERÍA CON FROITOS DO OUTONO: MADALENAS CON NOCES E ABELÁS.
A NOSA RECEITA:
A NOSA RECEITA:
QUE ORGULLOSOS ESTAMOS!
QUE MADALENAS MÁIS RICAS!
E VAI REMATANDO NOVEMBRO, O OUTONO CASE SE ACABA. PRONTO ESTAREMOS NO NADAL E CON NOVAS HISTORIAS POR CONTARVOS. QUE SORPRESAS NOS DEPARARÁ DECEMBRO?