18 de diciembre de 2016

Decembro 2016: O APALPADOR NA NOSA ESCOLA

ESTE ANO, POR PRIMEIRA VEZ NA NOSA ESCOLA, RECIBIMOS A VISITA DUN PERSONAXE QUE FORMA PARTE DA TRADICIÓN DO NADAL GALEGO: O APALPADOR.
ALGÚNS DE NÓS NON COÑECIAMOS A EXISTENCIA DESTE PERSOEIRO POR ISO ESTIVEMOS A BUSCAR INFORMACIÓN NA INTERNET E ATOPAMOS UN PEQUENO VÍDEO FEITO POR UNS NENOS MAIORES DUN COLEXIO DA PROVINCIA DE OURENSE DO QUE VOS AMOSAMOS O ENLACE.


O "NOSO" APALPADOR CHEGABA ACOMPAÑADO DUNHA AXUDANTA, MARUXA.
ENTRE OS DOUS CONTARON UNHA MOREA DE HISTORIAS QUE ESCOITAMOS MOI ATENTOS.
 
O APALPADOR FALOUNOS DOS ANIMAIS QUE VIVEN NA SERRA DO COUREL: XABARÍNS, LOBOS, CORZOS, OSOS.

TAMÉN NOS INVITOU A PROBAR AS MAZÁS QUE COLLEITA NA SÚA HORTA E COMPROBAMOS QUE TIÑAN UN OLOR ESPECIAL.
APRENDEMOS UNHA CÁNTIGA MOI DIVERTIDA:
"Namoreime da castaña,
namoreime do ourizo,
namoreime de ti neno/a,
porque tes o pelo rizo (ou liso),
porque tes o pelo rizo,
porque tes o pelo rizo,
namoreime da castaña,
namoreime do ourizo."
COA QUE CANTAMOS E BAILAMOS.

ANTES DE MARCHAR, O APALPADOR AGASALLOUNOS CON CASTAÑAS E OUTROS FROITOS DE OUTONO. PROMETEU VISITAR AS NOSAS CASAS NA NOITE DE NADAL OU NA DO 31 DE DECEMBRO SE LLE ESCRIBIAMOS UNHA CARTA E DEIXARNOS ALGUNHA COUSIÑA, DESPOIS DE APALPARNOS A BARRIGUIÑA, PARA SABER SE COMERAMOS BEN.

APALPADOR, MARUXA, 
GRACIÑAS POR TODO!