O ÚLTIMO DÍA DE COLE ANTES DAS VACACIÓNS DECIDIMOS FACER UNHA SESIÓN DE CINE DE NADAL NA CASA DA CULTURA. PRIMEIRO UN VÍDEO DE PAPA NOEL DENDE LAPONIA E LOGO UNHA PELÍCULA DE DEBUXOS ANIMADOS.
...PERO O MELLOR ESTABA POR CHEGAR!
DENDE FAI UNS DÍAS SABIAMOS QUE PAPÁ NOEL PENSABA VISITAR A NOSA ESCOLA PERO A SORPRESA FOI MAIÚSCULA CANDO O VIMOS APARECER ENTRE AS BUTACAS CO SEU SACO AO LOMBO CARA AO ESCENARIO!
SENTOUSE NUN SILLÓN E PEDIU UN MICRÓFONO. QUERÍA FALAR CON TODOS NÓS! QUE EMOCIÓN!
DEUNOS ALGÚNS CONSELLIÑOS E DIXO QUE NOS DEIXARÍA OS AGASALLOS NA CASA DE CADA UN PERO QUE NOS TRAÍA UN PEQUENO ADIANTO:
UN SAQUIÑO PARECIDO AO DEL PERO O NOSO MOITO MÁIS PEQUERRECHIÑO CON CHUCHES DE CHOCOLATE E GOMINOLAS DENTRO.
DESPOIS DE SACAR FOTOS CON TODOS MARCHOU MOI APURADO PORQUE SON DÍAS DE MOITO TRABALLO E AÍNDA LLE QUEDABAN UNHA MOREA DE SITIOS PARA VISITAR.
PAPÁ NOEL É MÁXICO E ADEMAIS DEBE SER ADIVIÑO PORQUE SABÍA QUE ESTABAMOS NA CASA DA CULTURA E NON NA ESCOLA... QUE COUSAS!