XA TODOS E TODAS SABEDES DO NOSO COMPROMISO CO MEDIO AMBIENTE, ESA É A RAZÓN POLA QUE AS NOSAS POSTAIS DE NADAL ESTÁN ELABORADAS CON PAPEL RECICLADO POR NÓS MESMOS. O PROCESO LEVA VARIOS DÍAS POR ESO TEMOS QUE COMEZAR CON TEMPO.
NA NOSA ESCOLA INTENTAMOS DESBOTAR A MÍNIMA CANTIDADE DE PAPEL, E PROCURAMOS REUTILIZAR O QUE XA NON SERVE.
O PRIMEIRO PASO, CORTALO EN ANAQUIÑOS,
ENGADIMOS PAPEL E AUGA,
REMEXEMOS UN POUCO E DE PASO, DIVERTÍMONOS!
DEIXAMOS REPOUSAR DOUS DÍAS...
E BATEMOS!
EMPEZA AGORA A PARTE MÁIS COMPLICADA PERO COMO XA TEMOS EXPERIENCIA DO CURSO PASADO SOMOS UNS VERDADEIROS PROFESIONAIS!
E EN POUCO TEMPO XA TEMOS UN MONTÓN DE FOLLAS DE PAPEL RECICLADO FEITO DUN XEITO TOTALMENTE ARTESANAL QUE TERÁN QUE PERMANECER EN HORIZONTAL UN DÍA PARA ELIMINAR ALGO DE HUMIDADE.
OUTRO DÍA MÁIS NO TENDAL PARA QUE SE SEQUEN TOTALMENTE.
E XA ESTÁ LISTO PARA COMEZAR A IDEAR AS POSTAIS!
ESTE ANO ESCOLLEMOS VARIOS ELEMENTOS NATURAIS PARA COMPLETAR A NOSA TARXETA. POR UN LADO, UN FENTO DAS PEDRAS PARA FACER DE ÁRBORE DE NADAL E AS ESTRELIÑAS QUE O ADORNAN SON DE FOLLAS DE CASTIÑEIRO TROQUELADAS.
CON ESTA ACTIVIDADE COMEZA A MAXIA DO NADAL NA NOSA ESCOLA.