23 de diciembre de 2016

Decembro 2016: A SORPRESA DE PAPÁ NOEL

O ÚLTIMO DÍA DE COLE ANTES DAS VACACIÓNS DECIDIMOS FACER UNHA SESIÓN DE CINE DE NADAL NA CASA DA CULTURA. PRIMEIRO UN VÍDEO DE PAPA NOEL DENDE LAPONIA E LOGO UNHA PELÍCULA DE DEBUXOS ANIMADOS.
...PERO O MELLOR ESTABA POR CHEGAR! 
DENDE FAI UNS DÍAS SABIAMOS QUE PAPÁ NOEL PENSABA VISITAR A NOSA ESCOLA PERO A SORPRESA FOI MAIÚSCULA CANDO O VIMOS APARECER ENTRE AS BUTACAS CO SEU SACO AO LOMBO CARA AO ESCENARIO!
SENTOUSE NUN SILLÓN E PEDIU UN MICRÓFONO. QUERÍA FALAR CON TODOS NÓS! QUE EMOCIÓN!
 
DEUNOS ALGÚNS CONSELLIÑOS E DIXO QUE NOS DEIXARÍA OS AGASALLOS NA CASA DE CADA UN PERO QUE NOS TRAÍA UN PEQUENO ADIANTO:
 
UN SAQUIÑO PARECIDO AO DEL PERO O NOSO MOITO MÁIS PEQUERRECHIÑO CON CHUCHES DE CHOCOLATE  E GOMINOLAS DENTRO.
 
DESPOIS DE SACAR FOTOS CON TODOS MARCHOU MOI APURADO PORQUE SON DÍAS DE MOITO TRABALLO E AÍNDA LLE QUEDABAN UNHA MOREA DE SITIOS PARA VISITAR.
                   
PAPÁ NOEL É MÁXICO E ADEMAIS DEBE SER ADIVIÑO PORQUE SABÍA QUE ESTABAMOS NA CASA DA CULTURA E NON NA ESCOLA... QUE COUSAS!
   




 
 

 

22 de diciembre de 2016

Decembro 2016: O NADAL

FALTA MOI POUCO PARA AS VACACIÓNS DE NADAL
A ACTIVIDADE QUE MÁIS ILUSIÓN NOS FAI NESTAS DATAS É O FESTIVAL. XA ESTÁ TODO PREPARADO: TRAXES, DECORADOS, MÚSICA. 
 AÍNDA QUE ESTAMOS ALGO NERVIOSOS  TAMÉN NOS EMOCIONA VER A TODOS OS FAMILIARES E AMIGOS QUE ACODEN PARA VERNOS ACTUAR E QUE FAN QUE CADA ANO O SALÓN DE ACTOS DA CASA DA CULTURA SE QUEDE MÁIS PEQUENO.

NA PANXOLIÑA QUE NÓS REPRESENTAMOS  VEREDES QUE PAPÁ NOEL E MAMÁ NOEL NON ANDIVERON "ESPILIDOS" E CASE SE QUEDAN SEN ÁRBORE DE NADAL PARA ADORNAR A SÚA CASA, PERO AO FINAL, COA AXUDA DOS "DUENDES"... ATOPARÁN UNHA A XEITO! 
              
                
                  (A NOSA ACTUACIÓN A PARTIR DO MINUTO 25)
A TODOS E TODAS OS QUE ESTIVESTES ALÍ, POLA VOSA CALOR, POLOS VOSOS APLAUSOS E POR DESFRUTAR CON NÓS DESTA FESTA... GRACIÑAS!


18 de diciembre de 2016

Decembro 2016: O APALPADOR NA NOSA ESCOLA

ESTE ANO, POR PRIMEIRA VEZ NA NOSA ESCOLA, RECIBIMOS A VISITA DUN PERSONAXE QUE FORMA PARTE DA TRADICIÓN DO NADAL GALEGO: O APALPADOR.
ALGÚNS DE NÓS NON COÑECIAMOS A EXISTENCIA DESTE PERSOEIRO POR ISO ESTIVEMOS A BUSCAR INFORMACIÓN NA INTERNET E ATOPAMOS UN PEQUENO VÍDEO FEITO POR UNS NENOS MAIORES DUN COLEXIO DA PROVINCIA DE OURENSE DO QUE VOS AMOSAMOS O ENLACE.


O "NOSO" APALPADOR CHEGABA ACOMPAÑADO DUNHA AXUDANTA, MARUXA.
ENTRE OS DOUS CONTARON UNHA MOREA DE HISTORIAS QUE ESCOITAMOS MOI ATENTOS.
 
O APALPADOR FALOUNOS DOS ANIMAIS QUE VIVEN NA SERRA DO COUREL: XABARÍNS, LOBOS, CORZOS, OSOS.

TAMÉN NOS INVITOU A PROBAR AS MAZÁS QUE COLLEITA NA SÚA HORTA E COMPROBAMOS QUE TIÑAN UN OLOR ESPECIAL.
APRENDEMOS UNHA CÁNTIGA MOI DIVERTIDA:
"Namoreime da castaña,
namoreime do ourizo,
namoreime de ti neno/a,
porque tes o pelo rizo (ou liso),
porque tes o pelo rizo,
porque tes o pelo rizo,
namoreime da castaña,
namoreime do ourizo."
COA QUE CANTAMOS E BAILAMOS.

ANTES DE MARCHAR, O APALPADOR AGASALLOUNOS CON CASTAÑAS E OUTROS FROITOS DE OUTONO. PROMETEU VISITAR AS NOSAS CASAS NA NOITE DE NADAL OU NA DO 31 DE DECEMBRO SE LLE ESCRIBIAMOS UNHA CARTA E DEIXARNOS ALGUNHA COUSIÑA, DESPOIS DE APALPARNOS A BARRIGUIÑA, PARA SABER SE COMERAMOS BEN.

APALPADOR, MARUXA, 
GRACIÑAS POR TODO!
 








 
 

9 de diciembre de 2016

Decembro 2016: ACHÉGASE O NADAL

XA TODOS E TODAS SABEDES DO NOSO COMPROMISO CO MEDIO AMBIENTE, ESA É A RAZÓN POLA QUE AS NOSAS POSTAIS DE NADAL ESTÁN ELABORADAS CON PAPEL RECICLADO POR NÓS MESMOS. O PROCESO LEVA VARIOS DÍAS POR ESO TEMOS QUE COMEZAR CON TEMPO.
NA NOSA ESCOLA INTENTAMOS DESBOTAR A MÍNIMA CANTIDADE DE PAPEL, E PROCURAMOS REUTILIZAR O QUE XA NON SERVE. 
O PRIMEIRO PASO, CORTALO EN ANAQUIÑOS,
ENGADIMOS PAPEL E AUGA,
REMEXEMOS UN POUCO E DE PASO, DIVERTÍMONOS!
 DEIXAMOS REPOUSAR DOUS DÍAS...
  
E BATEMOS!
EMPEZA AGORA A PARTE MÁIS COMPLICADA PERO COMO XA TEMOS EXPERIENCIA DO CURSO PASADO SOMOS UNS VERDADEIROS PROFESIONAIS!
E EN POUCO TEMPO XA TEMOS UN MONTÓN DE FOLLAS DE PAPEL RECICLADO FEITO DUN XEITO TOTALMENTE ARTESANAL QUE TERÁN QUE PERMANECER EN HORIZONTAL UN DÍA PARA ELIMINAR ALGO DE HUMIDADE.
OUTRO DÍA MÁIS NO TENDAL PARA QUE SE SEQUEN TOTALMENTE.
E XA ESTÁ LISTO PARA COMEZAR A IDEAR AS POSTAIS! 
ESTE ANO ESCOLLEMOS VARIOS ELEMENTOS NATURAIS PARA COMPLETAR A NOSA TARXETA. POR UN LADO, UN FENTO DAS PEDRAS PARA FACER DE ÁRBORE DE NADAL E AS ESTRELIÑAS QUE O ADORNAN SON DE FOLLAS DE CASTIÑEIRO TROQUELADAS.

CON ESTA ACTIVIDADE COMEZA A MAXIA DO NADAL NA NOSA ESCOLA.

 




1 de diciembre de 2016

Novembro 2016: ADEUS OUTUBRO, ADEUS NOVEMBRO! SORPRÉNDEME, DECEMBRO!

ANTES DE QUE CHEGUE O NADAL QUEREMOS CONTARVOS ALGUNHA COUSIÑA MÁIS DA NOSA VIDA NA ESCOLA ONDE COMO DICIAMOS AO PRINCIPIO DO CURSO "COMEZOU O CONTO".
NESTE TRIMESTRE ESTIVO DE VISITA NA NOSA ESCOLA A PERIODISTA LUCÍA QUE NOS FIXO UNHA FOTO PARA O XORNAL "EL PROGRESO".
 
QUE GUAPOS ESTAMOS NA PÁXINA CENTRAL DO XORNAL! GRACIÑAS LUCÍA!
O OUTONO CONTINUA A ENSINARNOS CADA DÍA ALGO NOVO E NÓS SEGUIMOS A PINTAR, XOGAR, EXPERIMENTAR CON EL.
 
 
COMO DESFRUTAMOS FACENDO O MURAL DE OUTONO PARA A CLASE!

É MOMENTO DE SEMENTAR, TOCOU PLANTAR... CASTAÑAS.
 

FOI DIVERTIDO PODER TOCAR A TERRA COAS NOSAS MANS E APARTAR ALGÚN QUE OUTRO BICHIÑO.
UTILIZAMOS PARA A NOSA SEMENTEIRA ENVASES DO LEITE, UN XEITO DE RECICLAR E COIDAR O NOSO MEDIO AMBIENTE.
XA ESTAMOS DESEXANDO VER OS CASTIÑEIROS!
MOI PRONTO A NOSA CLASE VAI PARECER UN SOUTO!
DEVAGARIÑO VAI PASANDO O OUTONO E A NOSA ESCOLA ARRECENDE A DOCERÍA, ESTAMOS A TRABALLAR NUN OBRADOIRO DE REPOSTERÍA CON FROITOS DO OUTONO: MADALENAS CON NOCES E ABELÁS.
A NOSA RECEITA:
 

                                 
 
  
QUE ORGULLOSOS ESTAMOS!
 
QUE MADALENAS MÁIS RICAS!
 
E VAI REMATANDO NOVEMBRO, O OUTONO CASE SE ACABA. PRONTO ESTAREMOS NO NADAL E CON NOVAS HISTORIAS POR CONTARVOS. QUE SORPRESAS NOS DEPARARÁ DECEMBRO?