OS QUE SEGUIDES O NOSO BLOGUE XA SABEDES QUE O COIDADO DO MEDIO AMBIENTE É ALGO PRIORITARIO NA NOSA ESCOLA.
SE COAS NOSAS PEQUENAS ACCIÓNS PODEMOS EVITAR A TALA DUNHA SOA ÁRBORE XA NOS DAREMOS POR CONTENTOS.
O OBRADOIRO DE RECICLADO DE PAPEL VAI ENCAMIÑADO A CONCIENCIAR AOS NENOS E NENAS DE NOSA ESCOLA E A TODA A COMUNIDADE ESCOLAR DA NECESIDADE DE REDUCIR O CONSUMO DE PAPEL E, DENTRO DO POSIBLE, RECICLAR E REUTILIZAR.
O PROCESO DE RECICLADO DURA VARIOS DÍAS E FACÉMOLO DUN XEITO TOTALMENTE ARTESANAL.
O PRIMEIRO PASO E IR ROMPENDO EN ANAQUIÑOS PEQUENOS O PAPEL QUE XA NON NOS SERVE.
DENDE QUE TEMOS UNHA CANTIDADE SUFICIENTE, BOTÁMOLO NUN RECIPIENTE GRANDE E ENGADIMOS AUGA.
BÁTESE CO BATEDOR ATA QUE SE DESFAI O PAPEL CON MOITO COIDADO.
INTRODUCIMOS O BASTIDOR DENTRO DO "PURÉ" E SACAMOS DESPACIÑO.
COLOCAMOS SOBRE O TRAPO DÁNDOLLE A VOLTA E SECAMOS COAS ESPONXAS.
DESPOIS DE PASAR UN OU DOUS DÍAS COLGADO NUN TENDAL QUE IMPROVISAMOS NA CLASE, O PAPEL XA ESTÁ LISTO PARA DESPEGAR DO TRAPO E PODER UTILIZAR.
CONSEGUIMOS FACER 25 FOLLAS DE PAPEL RECICLADO QUE UTILIZAREMOS PARA FACER UNHAS POSTAIS PARA FELICITAR O NADAL ÁS NOSAS FAMILIAS.
"Persoas pequenas con pequenas accións,
traballando xuntas, conseguirán grandes cousas"