10 de noviembre de 2015

Novembro 2015: EXPOSICIÓN DE COGOMELOS

NESTE OUTONO ESTAMOS TENDO UN TEMPO MOI PROPICIO PARA OS COGOMELOS E APROVEITANDO QUE TIÑAMOS UNHA EXPOSICIÓN DELES NA CASA DA CULTURA FOMOS ATA ALÍ.
                                                              
QUE SORPRESA NOS LEVAMOS!
QUE CANTIDADE DE COGOMELOS DISTINTOS HAI! 
OS PROFES CONTÁRONNOS QUE NOS NOSOS BOSQUES E PRADOS HAI MOITOS PERO HAI QUE SER MOI COIDADOSOS Á HORA DE RECOLLELOS PORQUE UNHA GRAN CANTIDADE DELES SON PERIGOSOS PARA A NOSA SAÚDE.
  
OUTROS, SIMPLEMENTE NON SON COMESTIBLES. E IMAXINADE QUE UN DOS MÁIS BONITOS, O QUE CHAMAN "AMANITA", QUE APARECE TANTO NOS CONTOS DE TRASNOS, É MOI VELENOSO!

 


 
ESTIVEMOS "SUPERATENTOS" E PORTÁMONOS XENIAL!
ANTES DE IRNOS PARA A NOSA ESCOLA SAUDAMOS A ESTHER, A BIBLIOTECARIA, E PROMETEMOS VOLTAR EN BREVE PARA PEDIRLLE PRESTADO ALGÚN DOS CONTOS DA BIBLIOTECA. CANTOS HAI!!! SEGURAMENTE QUE HAI ALGÚN QUE FALE DE COGOMELOS E TRASNOS...