HOXE ESTIVEMOS A SEMENTAR 25 CARBALLOS, UNHA DAS ÁRBORES MÁIS REPRESENTATIVA DE GALICIA XUNTO CO CASTIÑEIRO.
SABEDES QUE O MELLOR XEITO DE COLOCAR A LANDRA PARA QUE AGROME É POÑÉNDOA EN POSICIÓN HORIZONTAL?
OS RECIPIENTES QUE UTILIZAMOS, COMA SEMPRE, RECICLADOS. DESTA VEZ UNS ENVASES DO LEITE FORRADOS CON PAPEL LARANXA AOS QUE ENGADIMOS UNHA FOLLA DE CARBALLO CO NOSO NOME.
TAMÉN APROVEITAMOS PARA POÑER ALGUNHAS SEMENTES NO INVERNADOIRO DA NOSA ESCOLA. VEREMOS CALES NACEN PRIMEIRO.
E DESPOIS DE TRABALLAR TANTO, "A HORA DO CONTO":
UN CONTO DO Bardo Abelardo SOBRE UN CARBALLO QUE INCLÚE UNHA MENSAXE SOBRE A PRESERVACIÓN DOS BOSQUES E SOBRE A PAZ.
UN CONTO DO Bardo Abelardo SOBRE UN CARBALLO QUE INCLÚE UNHA MENSAXE SOBRE A PRESERVACIÓN DOS BOSQUES E SOBRE A PAZ.
ESPERAMOS QUE VOS GUSTE!!!