NESTES DÍAS DE OUTONO DECIDIMOS TER UN OBRADOIRO DE COCIÑA NA NOSA CLASE PARA ELABORAR ALGÚN DOCE QUE CONTIVERA FROITOS TÍPICOS DESTA ÉPOCA DO ANO.
ESCOLLEMOS UNHA RECEITA DE REPOSTARÍA MOI FÁCIL: UNS LACIÑOS DE AMÉNDOA.
O PRIMEIRO PASO FOI LAVAR AS MANS E DISPOR NUNHA MESA OS ÚTILES E OS INGREDIENTES QUE IAMOS UTILIZAR.
COMEZAMOS ESTIRANDO A MASA DE FOLLADO,
CORTÁMOLA EN ANAQUIÑOS CON FORMA DE CADRADO,
E CADA UN DE NÓS VAI FACENDO UN LACIÑO.
AGORA PREPARAMOS A CREMA QUE TEREMOS QUE BOTAR SOBRE OS LACIÑOS: AZUCRE MOÍDO, UNHA CLARA DE OVO E ZUME DE LIMÓN.
COLOCAMOS OS LAZOS NA BANDEXA E TOCA "PINTALOS" COA CREMA.
ENGADIMOS AS AMÉNDOAS PICADIÑAS...
...E LISTOS PARA METER AO FORNO.
QUE NERVIOS PASAMOS ESPERANDO,
PERO POR FIN, O RESULTADO:
A PRIMEIRA FORNADA DE LACIÑOS!
Mmmmmm... DELICIOSOS!
QUE ORGULLOSOS ESTAMOS!
XA SOMOS UNS EXPERTOS REPOSTEIROS!