26 de noviembre de 2015

Novembro 2015: RECICLANDO PAPEL

OS QUE SEGUIDES O NOSO BLOGUE XA SABEDES QUE O COIDADO DO MEDIO AMBIENTE É ALGO PRIORITARIO NA NOSA ESCOLA. 
SE COAS NOSAS PEQUENAS ACCIÓNS PODEMOS EVITAR A TALA DUNHA  SOA ÁRBORE XA NOS DAREMOS POR CONTENTOS. 
O OBRADOIRO DE RECICLADO DE PAPEL VAI ENCAMIÑADO A CONCIENCIAR AOS NENOS E NENAS DE NOSA ESCOLA E A TODA A COMUNIDADE ESCOLAR DA NECESIDADE DE REDUCIR O CONSUMO DE PAPEL E, DENTRO DO POSIBLE, RECICLAR E REUTILIZAR.
O PROCESO DE RECICLADO DURA VARIOS DÍAS E FACÉMOLO DUN XEITO TOTALMENTE ARTESANAL.
O PRIMEIRO PASO E IR ROMPENDO EN ANAQUIÑOS PEQUENOS O PAPEL QUE XA NON NOS SERVE.


DENDE QUE TEMOS UNHA CANTIDADE SUFICIENTE, BOTÁMOLO NUN RECIPIENTE GRANDE E ENGADIMOS AUGA.
 
 
BÁTESE CO BATEDOR ATA QUE SE DESFAI O PAPEL CON MOITO COIDADO.
INTRODUCIMOS O BASTIDOR DENTRO DO "PURÉ" E SACAMOS DESPACIÑO.
COLOCAMOS SOBRE O TRAPO DÁNDOLLE A VOLTA E SECAMOS COAS ESPONXAS.
DESPOIS DE PASAR UN OU DOUS DÍAS COLGADO NUN TENDAL QUE IMPROVISAMOS NA CLASE, O PAPEL XA ESTÁ LISTO PARA DESPEGAR DO TRAPO E PODER UTILIZAR.
CONSEGUIMOS FACER 25 FOLLAS DE PAPEL RECICLADO QUE UTILIZAREMOS PARA FACER UNHAS POSTAIS PARA FELICITAR O NADAL ÁS NOSAS FAMILIAS.
 
"Persoas pequenas con pequenas accións, 
traballando xuntas, conseguirán grandes cousas"
 

18 de noviembre de 2015

Novembro 2015: OBRADOIRO DE COCIÑA, LAZOS DE AMÉNDOA

NESTES DÍAS DE OUTONO DECIDIMOS TER UN OBRADOIRO DE COCIÑA NA NOSA CLASE PARA ELABORAR ALGÚN DOCE QUE CONTIVERA FROITOS TÍPICOS DESTA ÉPOCA DO ANO. 
ESCOLLEMOS UNHA RECEITA DE REPOSTARÍA MOI FÁCIL: UNS LACIÑOS DE AMÉNDOA.
O PRIMEIRO PASO FOI LAVAR AS MANS E DISPOR NUNHA MESA OS ÚTILES E OS INGREDIENTES QUE IAMOS UTILIZAR.
COMEZAMOS ESTIRANDO A MASA DE FOLLADO,
 

 
CORTÁMOLA EN ANAQUIÑOS CON FORMA DE CADRADO,

 E CADA UN DE NÓS VAI FACENDO UN LACIÑO.
 
 
AGORA PREPARAMOS A CREMA QUE TEREMOS QUE BOTAR SOBRE OS LACIÑOS: AZUCRE MOÍDO, UNHA CLARA DE OVO E ZUME DE LIMÓN.
 COLOCAMOS OS LAZOS NA BANDEXA E TOCA "PINTALOS" COA CREMA.
 
 ENGADIMOS AS AMÉNDOAS PICADIÑAS...
 
  
...E LISTOS PARA METER AO FORNO.

QUE NERVIOS PASAMOS ESPERANDO, 
PERO POR FIN, O RESULTADO: 
A PRIMEIRA FORNADA DE LACIÑOS!
Mmmmmm... DELICIOSOS!
QUE ORGULLOSOS ESTAMOS! 
XA SOMOS UNS EXPERTOS REPOSTEIROS!
 
 

 


 


 

 



 

17 de noviembre de 2015

Novembro 2015: TULIPÁNS BRANCOS


QUEREMOS QUE O ENTORNO DA NOSA ESCOLA ESTÉ O MÁIS BONITO POSIBLE POLO QUE TÓDOLOS ANOS ADICAMOS PARTE DO NOSO TEMPO A COIDAR O XARDÍN QUE TEMOS A CARÓN DO PATIO.
NESTE TEMPO TOCA PLANTAR OS BULBOS. AOS NENOS E NENAS DE TRES ANOS TOCOUNOS POÑER OS TULIPÁNS DE COR BRANCA.
 PREPARADOS PARA INICIAR O TRABALLO

 PRIMEIRO REPARTIMOS OS BULBOS, UN PARA CADA UN DE NÓS.


 
LOGO, CO TERREO XA PREPARADO, FÓMOLOS POÑENDO EN RINGLEIRA.
 
 
CUBRÍMOLOS COA TERRA,

 
 UN PEQUENO DESCANSO DESPOIS DO TRABALLO,

 E AGORA... A ESPERAR A MAXIA DE VELOS AGROMAR NA PRIMAVERA!!! 


 

13 de noviembre de 2015

Novembro 2015: 25 CARBALLOS

AÍNDA ESTAMOS ESPERANDO PARA VER ASOMAR OS PRIMEIROS PIÑEIROS QUE SEMENTAMOS FAI UNS DÍAS E XA FIXEMOS UNHA NOVA SEMENTEIRA.  
  
HOXE ESTIVEMOS A SEMENTAR 25 CARBALLOS, UNHA DAS ÁRBORES MÁIS REPRESENTATIVA DE GALICIA XUNTO CO CASTIÑEIRO.
SABEDES QUE O MELLOR XEITO DE COLOCAR A LANDRA  PARA QUE AGROME É POÑÉNDOA EN POSICIÓN HORIZONTAL?
OS RECIPIENTES QUE UTILIZAMOS, COMA SEMPRE, RECICLADOS. DESTA VEZ UNS ENVASES DO LEITE FORRADOS CON PAPEL LARANXA AOS QUE ENGADIMOS UNHA FOLLA DE CARBALLO CO NOSO NOME.


TAMÉN APROVEITAMOS PARA POÑER ALGUNHAS SEMENTES NO INVERNADOIRO DA NOSA ESCOLA. VEREMOS CALES NACEN PRIMEIRO.

 



E DESPOIS DE TRABALLAR TANTO, "A HORA DO CONTO":
UN CONTO DO Bardo Abelardo SOBRE UN CARBALLO QUE INCLÚE UNHA MENSAXE SOBRE A PRESERVACIÓN DOS BOSQUES E SOBRE A PAZ.
ESPERAMOS QUE VOS GUSTE!!!