1 de octubre de 2014

Outubro 2014: ÚLTIMO CURSO, BENVIDO!

OLA A TODOS E TODAS!
AQUÍ ESTAMOS EMPEZANDO O ÚLTIMO CURSO DA EDUCACIÓN INFANTIL, SOMOS OS MAIORES!
ESTE ANO CONTAMOS CUN COMPAÑEIRO NOVO, IVÁN ALEJANDRO, E TAMÉN VOLTOU BREOGÁN, ESTAMOS ENCANTADOS!
ESTA PRIMEIRA PUBLICACIÓN NO NOSO BLOG FÍXOSE ESPERAR PORQUE QUERIAMOS FACER UNHA FOTO TODOS XUNTOS E RESULTOU ALGO DIFÍCIL CONSEGUILO PERO POR FIN XA A TEDES AQUÍ.
A PARTIR DE AGORA, IREMOS AMOSANDO NO BLOG PARTE DAS ACTIVIDADES QUE FACEMOS NA ESCOLA E QUE NOS FAI MOITA ILUSIÓN QUE VEXADES. ESPERAMOS TER TAN BOA ACOLLIDA COMA NOS CURSOS PASADOS E QUE NOS VISITEDES A MIÚDO.
NENOS E NENAS DA CLASE DE SEXTO DE INFANTIL