25 de octubre de 2014

Outubro 2014: NO SOUTO EN LOUSEIRO

ACHÉGASE O DÍA DO MAGOSTO E PRECISAMOS MOITAS CASTAÑAS PARA CELEBRALO  NA ESCOLA.
HOXE SAÍMOS DE EXCURSIÓN TÓDOLOS NENOS E NENAS DO COLE A UN SOUTO PRETO DE SARRIA, EN LOUSEIRO, PARA RECOLLER UNS CESTIÑOS DE CASTAÑAS.

QUE CASTIÑEIROS TAN GRANDES E CANTAS CASTAÑAS HAI!
DESPOIS DE ENCHER OS NOSOS CESTOS (ATA QUE XA NON CABÍA NIN UNHA CASTAÑA MÁIS) AXUDAMOS AOS MÁIS PEQUERRECHOS PARA ENCHER OS DELES.
 XA DE VOLTA CARA Ó PAZO "Torre do Barrio"...

ESTÁBANOS ESPERANDO UN CHOCOLATE QUENTIÑO CON DOCES. QUE RICO!
E AÍNDA QUEDOU ALGO DE TEMPO PARA XOGAR UN FUTBOLÍN!
 E ANTES DE SUBIR DE NOVO AO AUTOBÚS, A ÚLTIMA FOTO...
XA TEMOS AS CASTAÑAS PARA CELEBRAR O MAGOSTO!