23 de octubre de 2014

Outubro 2014: SEMENTANDO "CARBALLOS"

ESTE CURSO SEGUIMOS A PARTICIPAR NO PROXECTO MEDIOAMBIENTAL "VOZ NATURA". MOITAS DAS ACTIVIDADES QUE DESENROLAMOS NO OUTONO NA NOSA ESCOLA VAN ENCAMIÑADAS A COÑECER E COLABORAR NA MELLORA DO NOSO ENTORNO NATURAL.
ESTIVEMOS LENDO UN CONTO SOBRE UN NENO, XAIME, QUE SEMENTABA LANDRAS...
 

...E POR QUE NON? NÓS TAMÉN PODIAMOS FACELO!
PRIMEIRO PASO: ENCHER DE TERRA A NOSA BOTELLA RECICLADA.
 CONTINUAMOS FACENDO UN PEQUENO BURATO NA TERRA DO TAMAÑO DUNHA LANDRA.



ENTERRAMOS A NOSA LANDRA (EN POSICIÓN HORIZONTAL, DIN QUE NACE MELLOR) E REGAMOS UN POUQUIÑO.

XA TEMOS OS FUTUROS CARBALLOS EN MARCHA!

ESPERAMOS VELOS AGROMAR MOI PRONTO!