13 de octubre de 2014

Outubro 2014: CONCERTO DIDÁCTICO "AS CLASES DE TUBA"

XA FAI UNS DÍAS QUE ASISTIMOS NA NOSA ESCOLA A UN CONCERTO MOI ESPECIAL DE DOUS GRANDES MÚSICOS, IÑAKI E ANDREA, QUE NOS INTERPRETARON O CONTO "AS CLASES DE TUBA" DE T. C. Bartlett  e Monique Felix, COA AXUDA DOS SEUS INSTRUMENTOS: A TUBA E O BOMBARDINO.
 "ESTE NENO SAE DA SÚA CASA PARA ASISTIR ÁS CLASES DE TUBA. A PESAR DE QUE O AVISAN DE QUE NON SE ENREDE POLO BOSQUE, EL ACABARÁ CHEGANDO TARDE Á CLASE PORQUE VAI ATOPANDO UN MONTÓN DE SORPRESAS..."
DESPOIS, OS NOSOS NOVOS AMIGOS, IÑAKI  E ANDREA,  DEIXÁRONNOS PROBAR OS SEUS INSTRUMENTOS, A TUBA E O SEU IRMÁN PEQUENO: O BOMBARDINO. COMO GOZAMOS FACENDO SOAR A TUBA E ESO QUE NON VOS É NADA FÁCIL!

 

 LOGO TAMÉN NON ENSINARON OUTROS INSTRUMENTOS COMO A FLAUTA E A GAITA, QUE XA SON MÁIS COÑECIDOS POR NÓS.

ACABAMOS FACENDO UN FOTO TODOS XUNTOS E PEDÍMOSLLES QUE VOLTARAN DE NOVO. 

 

 GRAZAS A ESTES XOVES MÚSICOS QUE NOS FIXERON PASAR UNHA TARDE TAN AGRADABLE ACHEGÁNDONOS UN POUQUIÑO A ESE MUNDO TAN MARABILLOSO QUE É A MÚSICA!