31 de octubre de 2014

Outubro 2014: MAGOSTO E SAMAÍN

TANTO O MAGOSTO COMO O SAMAÍN SON DÚAS FESTAS QUE ESTÁN MOI PRETO NO CALENDARIO, POR ESA RAZÓN ESTE CURSO DECIDIMOS CELEBRALAS XUNTAS.
DENDE QUE COMEZOU O OUTONO, LEVAMOS REALIZANDO ACTIVIDADES TÍPICAS DESTA ÉPOCA DO ANO, COMO XA VOS VIMOS CONTANDO. 
ESTES DÍAS XA OBSERVASTES A NOSA EXPOSICIÓN DE CABAZAS. QUE IMAXINACIÓN TEÑEN ESTES NENOS/AS E OS PAPÁS E MAMÁS! 
PRIMEIRO TiVÉMOLAS ALGÚN TEMPO NA CLASE PARA PODER VELAS MÁIS DE PRETO.
 
 LOGO XA PASARON A FORMAR PARTE DA EXPOSICIÓN DE TODA A ESCOLA.

O MAGOSTO E O SAMAÍN CELEBRÁMOLO NO PATIO DA ESCOLA. XA DENDE A MAÑÁ PARTICIPAMOS EN VARIOS OBRADOIROS: 

O OBRADOIRO DOS ANTEFACES

O OBRADOIRO DAS GALLETAS-ARAÑA

E O OBRADOIRO DOS MONSTROS

CHEGOU A HORA DE POÑER A MESA, ENTRE TODOS E TODAS ACABAMOS AXIÑA. MENTRAS TANTO XA ESTABAN ASÁNDOSE AS CASTAÑAS NO TAMBOR.
QUE COMIDA MÁIS DIVERTIDA CON TÓDOLOS NENOS E NENAS DA ESCOLA E CON TÓDOLOS PROFES!

 E O POSTRE MÁIS ESPECIAL: CASTAÑAS!!!

DESPOIS DE RECOLLER AS MESAS, ENTRE TODOS E TODAS OUTRA VEZ, É O MOMENTO DE CANTAR E BAILAR, CANCIÓNS DO MAGOSTO E CANCIÓNS DO SAMAÍN.
"AÍ VAI UNHA, AÍ VAN DÚAS
TRES CASTAÑAS POLO CHAN,
UNHA É TÚA, OUTRA É MIÑA,
OUTRA É DAQUEL RAPAZ"
 https://www.youtube.com/watch?v=qF7ZmeGLVdw

"CUANDO EL RELOJ MARCA LA UNA
UN ESQUELETO SALE DE SU TUMBA..."
 https://www.youtube.com/watch?v=CYyRibaMQoA

ACABA O DÍA E XA NOS DESPEDIMOS...
UNHA XORNADA INESQUECIBLE!



25 de octubre de 2014

Outubro 2014: NO SOUTO EN LOUSEIRO

ACHÉGASE O DÍA DO MAGOSTO E PRECISAMOS MOITAS CASTAÑAS PARA CELEBRALO  NA ESCOLA.
HOXE SAÍMOS DE EXCURSIÓN TÓDOLOS NENOS E NENAS DO COLE A UN SOUTO PRETO DE SARRIA, EN LOUSEIRO, PARA RECOLLER UNS CESTIÑOS DE CASTAÑAS.

QUE CASTIÑEIROS TAN GRANDES E CANTAS CASTAÑAS HAI!
DESPOIS DE ENCHER OS NOSOS CESTOS (ATA QUE XA NON CABÍA NIN UNHA CASTAÑA MÁIS) AXUDAMOS AOS MÁIS PEQUERRECHOS PARA ENCHER OS DELES.
 XA DE VOLTA CARA Ó PAZO "Torre do Barrio"...

ESTÁBANOS ESPERANDO UN CHOCOLATE QUENTIÑO CON DOCES. QUE RICO!
E AÍNDA QUEDOU ALGO DE TEMPO PARA XOGAR UN FUTBOLÍN!
 E ANTES DE SUBIR DE NOVO AO AUTOBÚS, A ÚLTIMA FOTO...
XA TEMOS AS CASTAÑAS PARA CELEBRAR O MAGOSTO!

23 de octubre de 2014

Outubro 2014: SEMENTANDO "CARBALLOS"

ESTE CURSO SEGUIMOS A PARTICIPAR NO PROXECTO MEDIOAMBIENTAL "VOZ NATURA". MOITAS DAS ACTIVIDADES QUE DESENROLAMOS NO OUTONO NA NOSA ESCOLA VAN ENCAMIÑADAS A COÑECER E COLABORAR NA MELLORA DO NOSO ENTORNO NATURAL.
ESTIVEMOS LENDO UN CONTO SOBRE UN NENO, XAIME, QUE SEMENTABA LANDRAS...
 

...E POR QUE NON? NÓS TAMÉN PODIAMOS FACELO!
PRIMEIRO PASO: ENCHER DE TERRA A NOSA BOTELLA RECICLADA.
 CONTINUAMOS FACENDO UN PEQUENO BURATO NA TERRA DO TAMAÑO DUNHA LANDRA.



ENTERRAMOS A NOSA LANDRA (EN POSICIÓN HORIZONTAL, DIN QUE NACE MELLOR) E REGAMOS UN POUQUIÑO.

XA TEMOS OS FUTUROS CARBALLOS EN MARCHA!

ESPERAMOS VELOS AGROMAR MOI PRONTO!



22 de octubre de 2014

Outubro 2014: ARTE ABSTRACTA NO OUTONO

XA SABEDES QUE NOS GUSTA MOITO PINTAR COS PINCEIS, E VERSIONAR OBRAS DE ARTE DOS GRANDES PINTORES: MATISSE, MIRÓ, VAN GOGH, KANDINSKY, PAUL KLEE... OU DE OUTROS QUE AÍNDA NON SENDO TAN FAMOSOS TAMÉN NOS CHAMAN A ATENCIÓN. 
 NAVEGANDO POR INTERNET PARA BUSCAR MATERIAIS SOBRE O OUTONO ATOPAMOS UNHAS PINTURAS QUE NOS ENCANTARON POLAS SÚAS CORES E QUE DECIDIMOS ADAPTAR E CONVERTELAS NUNHAS VERDADEIRAS OBRAS DE ARTE. 
O RESULTADO: 18 CADROS PRECIOSOS QUE REPRESENTAN "AS CORES DO OUTONO".
 

 QUEN DIXO QUE O OUTONO ERA TRISTE?
IMPOSIBLE CON ESTE COLORIDO!

21 de octubre de 2014

Outubro 2014: ...E CHEGA O OUTONO!!!!

XA FAI UNS DÍAS QUE COMEZOU O OUTONO E XA ESTAMOS  INMERSOS NUNHA MOREA DE ACTIVIDADES RELACIONADAS CON EL: CONTOS, ADIVIÑAS, CANCIÓNS, POESÍAS, REFRÁNS E UN MONTÓN DE COUSAS MÁIS.

TAMÉN ESTAMOS AMBIENTANDO A CLASE E DE MOMENTO ACABAMOS DE REMATAR UN PEQUENO MURAL QUE NOS QUEDOU MOI XEITOSO, MISTURANDO MATERIAIS NATURAIS E OUTROS RECICLADOS.







 QUE CONTENTOS ESTAMOS CO TRABALLO REMATADO!


 VIVA O OUTONO!!!!!

13 de octubre de 2014

Outubro 2014: CONCERTO DIDÁCTICO "AS CLASES DE TUBA"

XA FAI UNS DÍAS QUE ASISTIMOS NA NOSA ESCOLA A UN CONCERTO MOI ESPECIAL DE DOUS GRANDES MÚSICOS, IÑAKI E ANDREA, QUE NOS INTERPRETARON O CONTO "AS CLASES DE TUBA" DE T. C. Bartlett  e Monique Felix, COA AXUDA DOS SEUS INSTRUMENTOS: A TUBA E O BOMBARDINO.
 "ESTE NENO SAE DA SÚA CASA PARA ASISTIR ÁS CLASES DE TUBA. A PESAR DE QUE O AVISAN DE QUE NON SE ENREDE POLO BOSQUE, EL ACABARÁ CHEGANDO TARDE Á CLASE PORQUE VAI ATOPANDO UN MONTÓN DE SORPRESAS..."
DESPOIS, OS NOSOS NOVOS AMIGOS, IÑAKI  E ANDREA,  DEIXÁRONNOS PROBAR OS SEUS INSTRUMENTOS, A TUBA E O SEU IRMÁN PEQUENO: O BOMBARDINO. COMO GOZAMOS FACENDO SOAR A TUBA E ESO QUE NON VOS É NADA FÁCIL!

 

 LOGO TAMÉN NON ENSINARON OUTROS INSTRUMENTOS COMO A FLAUTA E A GAITA, QUE XA SON MÁIS COÑECIDOS POR NÓS.

ACABAMOS FACENDO UN FOTO TODOS XUNTOS E PEDÍMOSLLES QUE VOLTARAN DE NOVO. 

 

 GRAZAS A ESTES XOVES MÚSICOS QUE NOS FIXERON PASAR UNHA TARDE TAN AGRADABLE ACHEGÁNDONOS UN POUQUIÑO A ESE MUNDO TAN MARABILLOSO QUE É A MÚSICA!

7 de octubre de 2014

Outubro 2014: A PRIMEIRA CARTA DESTE CURSO

LEMBRADES DO CURSO PASADO A NOSA AFECCIÓN A ESCRIBIR E RECIBIR CARTAS? POIS SEGUIMOS IGUAL!
UN COMPAÑEIRO NOSO, GAEL, FIXO UNHA VIAXE ESTES DÍAS E PROMETEU ENVIARNOS UNHA POSTAL.
AQUÍ A TEDES

 QUE CONTENTOS NOS PUXEMOS!

O DIVERTIDO FOI QUE CHEGOU A CARTA O MESMO DÍA QUE VOLTOU GAEL DA SÚA VIAXE E XA A ESTIVEMOS LENDO TODOS XUNTOS.
 DE QUEN SERÁ A PRÓXIMA?
 
 

1 de octubre de 2014

Outubro 2014: ÚLTIMO CURSO, BENVIDO!

OLA A TODOS E TODAS!
AQUÍ ESTAMOS EMPEZANDO O ÚLTIMO CURSO DA EDUCACIÓN INFANTIL, SOMOS OS MAIORES!
ESTE ANO CONTAMOS CUN COMPAÑEIRO NOVO, IVÁN ALEJANDRO, E TAMÉN VOLTOU BREOGÁN, ESTAMOS ENCANTADOS!
ESTA PRIMEIRA PUBLICACIÓN NO NOSO BLOG FÍXOSE ESPERAR PORQUE QUERIAMOS FACER UNHA FOTO TODOS XUNTOS E RESULTOU ALGO DIFÍCIL CONSEGUILO PERO POR FIN XA A TEDES AQUÍ.
A PARTIR DE AGORA, IREMOS AMOSANDO NO BLOG PARTE DAS ACTIVIDADES QUE FACEMOS NA ESCOLA E QUE NOS FAI MOITA ILUSIÓN QUE VEXADES. ESPERAMOS TER TAN BOA ACOLLIDA COMA NOS CURSOS PASADOS E QUE NOS VISITEDES A MIÚDO.
NENOS E NENAS DA CLASE DE SEXTO DE INFANTIL