13 de junio de 2017

Xuño 2017: UNHA HISTORIA DE DINOSAUROS

XA VAI PARA TRES ANOS QUE ESTEFANÍA PADULLÉS VISITOU POR PRIMEIRA VEZ A NOSA ESCOLA. DENDE AQUEL MOMENTO, ESTA XENIAL ILUSTRADORA E ESCRITORA RESIDENTE EN PARADELA, PROMETEU VOLTAR CADA VEZ QUE SACARA UN LIBRO NOVO. 

PRIMEIRO FOI "O DESEXO DO GATO KLOPS"

LOGO "A CANCIÓN DO SOL"


E AGORA... "MAX E LEA"
QUE SORTE TEMOS DE PODER ESCOITAR A ESTEFANÍA CONTÁNDONOS O SEU PROPIO CONTO E DEBUXÁNDOO PARA NÓS!


MAX É UN DINOSAURO MOI GRANDE E MOI FORTE PERO POLA NOITE...TEN MEDO DA ESCURIDADE! POBRE MAX! 

PIDE AXUDA A OUTROS DINOSAUROS PERO SERÁ A PEQUENA LEA A QUE AXUDARÁ AO PROTAGONISTA DESTA HISTORIA...

 ESTEFANÍA, ES UNHA CONTACONTOS MARABILLOSA!
MOITAS GRAZAS POR ESTE AGASALLO TAN ESPECIAL!
 
QUERIDA AMIGA, ESPERAMOS VERTE MOI PRONTO POLA NOSA ESCOLA CON NOVAS HISTORIAS!