17 de junio de 2017

Xuño 2017: UN PASEO ESPECIAL

A FALTA DE POUCOS DÍAS PARA REMATAR O CURSO, NINGUÉN SE ESPERABA ESTA NOVA SORPRESA: UNHA VIAXE EN TREN PERCORRENDO AS RÚAS DA NOSA VILA!
POR INCRIBLE QUE VOS PAREZA, O TREN VEU A CARÓN DA ESCOLA PARA RECOLLERNOS!
- SI, HO! SE NON HAI VÍA! -DIXO ALGUÉN.

É QUE ESTE TREN É UN TREN MOI ESPECIAL! CHÁMANLLE "tren turístico" E NON ANDA SOBRE RAÍS.

 ALÁ IMOS! QUE EMOCIÓN!
- A MIÑA CASA!
- O SUPERMERCADO ONDE VOU MERCAR CON PAPÁ!
- ALÍ TRABALLA MAMI!
- A PRAZA PÚBLICA!
- MIRA, A MIÑA AVOA! AVOA, AVOA, CHAO!
- O MALECÓN!
- ALÍ VAI MAMÁ! MAMIIIIIIIIII, VOU NO TREN!
- ... 
- QUE DIVERTIDO É VIAXAR NESTE TREN!

 
PERO NON REMATA ASÍ A HISTORIA...
...CHEGAMOS AO CHANTO!
MERENDAMOS,

 COMPARTIMOS XOGOS,




CONVERSAMOS,

DESCANSAMOS,
E XA PREPARADOS, ESPERANDO O TREN PARA VOLTAR Á ESCOLA.
QUE BEN O PASAMOS!!!!