MOITOS DE NÓS TEMOS MASCOTAS NA CASA: GATIÑOS, CADELOS, PAXAROS, PEIXES, ...
TAMÉN COÑECEMOS OUTROS ANIMAIS DO NOSO ENTORNO COMO VACAS, OVELLAS, PORCOS, COELLOS, GALIÑAS, PATOS.
PERO COMO NOS GUSTARÍA VER DE PRETO OUTROS ANIMAIS...
VIAXAMOS TODOS OS NENOS E NENAS DA ESCOLA A "MARCELLE NATUREZA"!!!
...QUE SORPRESA! DESEXO CUMPRIDO!
VIAXAMOS TODOS OS NENOS E NENAS DA ESCOLA A "MARCELLE NATUREZA"!!!
MARCELLE NATUREZA É UN PARQUE ZOOLÓXICO ESPECIAL, ACOLLE ANIMAIS "PROCEDENTES DOUTROS ZOOS, CENTROS DE RECUPERACIÓN OU CENTROS DE RESCATE, NUNCA DE CAPTURAS DE ANIMAIS EN LIBERDADE". ESTÁ SITUADO NO CONCELLO DE OUTEIRO DE REI.
CHEGAMOS A MARCELLE Á PRIMEIRA HORA DA MAÑÁ, ALGO NERVIOSOS PERO MOI ILUSIONADOS. POR GRUPOS ASIGNÁRONNOS UN MONITOR/A E ALÓ NOS FOMOS, DE VISITA POR TODO O PARQUE!
LOBOS, XABARÍNS, OSOS, BISONTES, LINCES, SURICATOS, AVESTRUCES, DROMEDARIOS, CEBRAS...
...E MOITOS MÁIS!!!
DESPOIS DUNHA MAÑÁ TAN INTENSA, CHEGA A HORA DE XANTAR AO AIRE LIBRE!
...ACHÉGASE O MOMENTO DA DESPEDIDA!
COMO CORRE O TEMPO CANDO O ESTAMOS PASANDO TAN BEN!
ATA A PRÓXIMA AVENTURA, COMPAÑEIROS/AS!