30 de junio de 2017

Xuño 2017: FESTIVAL DE FIN DE CURSO 2017

TODOS E TODAS SABEDES QUE O NOSO XEITO DE CELEBRAR O FIN DE CURSO É CUN FESTIVAL NA CASA DA CULTURA QUE COMPARTIMOS COAS NOSAS FAMILIAS E AMIGOS/AS.
ESTE ANO ESCOLLEMOS UN TEMA QUE, ADEMAIS DE GUSTARNOS A NÓS, TAMÉN O DESFRUTARON OS NOSOS PAPÁS E MAMÁS CANDO ERAN PEQUENOS... E NON TAN PEQUENOS!
ESTAMOS A FALAR DO VIDEOXOGO SUPER MARIO BROS.
 
DE TODOS OS PERSONAXES, NOS ESCOLLEMOS:
  • DINOSAURO (YOSHI)
  • FLOR DE LUME
  • FLOR DE XEO
TODOS ELES AMIGOS DE MARIO, DISPOSTOS A AXUDARLLE A SALVAR O "REINO CHAMPIÑÓN".

 




A NOSA ACTUACIÓN FOI COA CANCIÓN DE Susa Herrera "O dinosauro feliz".
TAMÉN PODEDES VER O VÍDEO NO CANAL DE YOUTUBE DA ESCOLA.                   

                     
                     
( A NOSA ACTUACIÓN A PARTIR DO MINUTO 25:15)
 
QUE RÁPIDO PASOU O CURSO!
NON FAI TANTO TEMPO QUE "COMEZABA O CONTO" E XA VEDES, AQUÍ REMATA! 
PERO NON VOS PREOCUPEDES,  AXIÑA VOLTAREMOS ESTAR CON VÓS, CONTÁNDOVOS UN MONTÓN DE HISTORIAS.
MENTRAS TANTO, A DESFRUTAR DAS VACACIÓNS!

FELIZ VERÁN!!! 
 

19 de junio de 2017

Xuño 2017: MAXIA NA ESCOLA CO MAGO BRANDAN

UNHA VEZ MÁIS, UN ANTIGO ALUMNO DESTA ESCOLA, O MAGO BRANDAN, AGASALLOUNOS CUNHA FANTÁSTICA SESIÓN DE MAXIA.
 
BRANDAN TAMÉN É EQUILIBRISTA, ANDA NUNHA "BICICLETA" DUNHA RODA SOA!
E ATA PENSAMOS QUE É ADIVIÑO! COMO É POSIBLE QUE, COS OLLOS TAPADOS, ACERTARA AS CORES QUE UTILIZOU UN COMPAÑEIRO PARA PINTAR UN BONECO?
E ADEMAIS EL VIÑA VESTIDO IGUALIÑO POR DEBAIXO DA SÚA ROUPA DE MAGO! INCRIBLE!!!!
PERA POR RIBA DE TODO, BRANDAN TAMÉN É...
...O NOSO AMIGO!
 
BRANDAN, 
NUNCA DEIXAS DE ASOMBRARNOS COA TÚA MAXIA!
MOITAS GRAZAS!!!!!

 

17 de junio de 2017

Xuño 2017: UN PASEO ESPECIAL

A FALTA DE POUCOS DÍAS PARA REMATAR O CURSO, NINGUÉN SE ESPERABA ESTA NOVA SORPRESA: UNHA VIAXE EN TREN PERCORRENDO AS RÚAS DA NOSA VILA!
POR INCRIBLE QUE VOS PAREZA, O TREN VEU A CARÓN DA ESCOLA PARA RECOLLERNOS!
- SI, HO! SE NON HAI VÍA! -DIXO ALGUÉN.

É QUE ESTE TREN É UN TREN MOI ESPECIAL! CHÁMANLLE "tren turístico" E NON ANDA SOBRE RAÍS.

 ALÁ IMOS! QUE EMOCIÓN!
- A MIÑA CASA!
- O SUPERMERCADO ONDE VOU MERCAR CON PAPÁ!
- ALÍ TRABALLA MAMI!
- A PRAZA PÚBLICA!
- MIRA, A MIÑA AVOA! AVOA, AVOA, CHAO!
- O MALECÓN!
- ALÍ VAI MAMÁ! MAMIIIIIIIIII, VOU NO TREN!
- ... 
- QUE DIVERTIDO É VIAXAR NESTE TREN!

 
PERO NON REMATA ASÍ A HISTORIA...
...CHEGAMOS AO CHANTO!
MERENDAMOS,

 COMPARTIMOS XOGOS,




CONVERSAMOS,

DESCANSAMOS,
E XA PREPARADOS, ESPERANDO O TREN PARA VOLTAR Á ESCOLA.
QUE BEN O PASAMOS!!!!












13 de junio de 2017

Xuño 2017: UNHA HISTORIA DE DINOSAUROS

XA VAI PARA TRES ANOS QUE ESTEFANÍA PADULLÉS VISITOU POR PRIMEIRA VEZ A NOSA ESCOLA. DENDE AQUEL MOMENTO, ESTA XENIAL ILUSTRADORA E ESCRITORA RESIDENTE EN PARADELA, PROMETEU VOLTAR CADA VEZ QUE SACARA UN LIBRO NOVO. 

PRIMEIRO FOI "O DESEXO DO GATO KLOPS"

LOGO "A CANCIÓN DO SOL"


E AGORA... "MAX E LEA"
QUE SORTE TEMOS DE PODER ESCOITAR A ESTEFANÍA CONTÁNDONOS O SEU PROPIO CONTO E DEBUXÁNDOO PARA NÓS!


MAX É UN DINOSAURO MOI GRANDE E MOI FORTE PERO POLA NOITE...TEN MEDO DA ESCURIDADE! POBRE MAX! 

PIDE AXUDA A OUTROS DINOSAUROS PERO SERÁ A PEQUENA LEA A QUE AXUDARÁ AO PROTAGONISTA DESTA HISTORIA...

 ESTEFANÍA, ES UNHA CONTACONTOS MARABILLOSA!
MOITAS GRAZAS POR ESTE AGASALLO TAN ESPECIAL!
 
QUERIDA AMIGA, ESPERAMOS VERTE MOI PRONTO POLA NOSA ESCOLA CON NOVAS HISTORIAS!




6 de junio de 2017

Xuño 2017: COIDADO DO MEDIO AMBIENTE

COÑECEDES DENDE FAI ANOS A TRAXECTORIA DA NOSA ESCOLA NA DEFENSA DO MEDIO AMBIENTE E A NOSA PARTICIPACIÓN NO PROXECTO VOZ NATURA.
 

ESTE CURSO TUVEMOS A SORTE DE RECIBIR A VISITA DO GARDA CIVIL DO SEPRONA (Servizo de Protección da Natureza), ROBERTO, QUE NOS AMOSOU, DE XEITO MOI AMENO, COMO PODEMOS COLABORAR NÓS PARA FAVORECER O COIDADO DO MEDIO AMBIENTE.

 NÓS APROVEITAMOS PARA CONTARLLE TAMÉN ESAS PEQUENAS COUSAS QUE FACEMOS NO NOSO DÍA A DÍA PARA PROTEXER O NOSO PLANETA.


"Este é o noso fogar, a nosa responsabilidade é...
COIDALO!!!!
QUE FAS TI POR EL?" 

3 de junio de 2017

Maio 2017: VISITA A MARCELLE NATUREZA

MOITOS DE NÓS TEMOS MASCOTAS NA CASA: GATIÑOS, CADELOS, PAXAROS, PEIXES, ...
TAMÉN COÑECEMOS OUTROS ANIMAIS DO NOSO ENTORNO COMO VACAS, OVELLAS, PORCOS, COELLOS, GALIÑAS, PATOS.
 PERO COMO NOS GUSTARÍA VER DE PRETO OUTROS ANIMAIS...
...QUE SORPRESA! DESEXO CUMPRIDO!
   
VIAXAMOS TODOS OS NENOS E NENAS DA ESCOLA A "MARCELLE NATUREZA"!!!
MARCELLE NATUREZA É UN PARQUE ZOOLÓXICO ESPECIAL, ACOLLE ANIMAIS "PROCEDENTES DOUTROS ZOOS, CENTROS DE RECUPERACIÓN OU CENTROS DE RESCATE, NUNCA DE CAPTURAS DE ANIMAIS EN LIBERDADE". ESTÁ SITUADO NO CONCELLO DE OUTEIRO DE REI.
CHEGAMOS A MARCELLE Á PRIMEIRA HORA DA MAÑÁ, ALGO NERVIOSOS PERO MOI ILUSIONADOS. POR GRUPOS ASIGNÁRONNOS UN MONITOR/A E ALÓ NOS FOMOS, DE VISITA POR TODO O PARQUE!

  
LOBOS, XABARÍNS, OSOS, BISONTES, LINCES, SURICATOS, AVESTRUCES, DROMEDARIOS, CEBRAS...
...E MOITOS MÁIS!!!
 


DESPOIS DUNHA MAÑÁ TAN INTENSA, CHEGA A HORA DE XANTAR AO AIRE LIBRE!


 
 
...ACHÉGASE O MOMENTO DA DESPEDIDA!

COMO CORRE O TEMPO CANDO O ESTAMOS PASANDO TAN BEN!  
ATA A PRÓXIMA AVENTURA, COMPAÑEIROS/AS!