12 de mayo de 2016

Maio 2016: A PRIMAVERA NA PRAZA DA VILA

AÍNDA QUE "OFICIALMENTE" XA FAI MÁIS DUN MES QUE COMEZOU A PRIMAVERA, PARECE QUE ESTE ANO O FRÍO E A CHOIVA QUERÍAN CONTINUAR CON NÓS ALGO MÁIS. 
ESTABAMOS DESEXANDO QUE CHEGARA O BO TEMPO PARA PODER SAÍR ATA A PRAZA DA VILA E POR FIN... ESTÁ AQUÍ!
 
O CHAN ESTÁ "SUPER BONITO" CON TANTAS FLORES!
 
XOGAMOS, CONTAMOS CONTOS, CANTAMOS E ATA COMEMOS UNHAS CHUCHES!
 
TAMÉN OS PAXAROS ESTÁN CONTENTOS COA CHEGADA DA PRIMAVERA, HABÍA MOITOS, PERO PARECE QUE OS ASUSTAMOS COAS NOSAS RISAS E CANCIÓNS E NON QUIXERON ACHEGARSE.
 ABANDONAMOS O ASENTO MOL DA HERBA E FOMOS DESFRUTAR DOS XOGOS DO PARQUE.
 
 
 
 
 
QUE TARDE TAN DIVERTIDA NA QUE COMPARTIMOS TANTAS COUSAS XUNTOS!!!