20 de mayo de 2016

Maio 2016: A CANCIÓN DO SOL

ESTEFANÍA PADULLÉS É UNHA ESCRITORA E ILUSTRADORA MOI AMIGA DA NOSA ESCOLA. OS NOSOS COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS MAIORES XA A COÑECÍAN PORQUE ESTIVERA FAI ALGÚN TEMPO CONTÁNDOLLES O desexo do gato Klops. DAQUELA FIXERA UNHA PROMESA, QUE VOLTARÍA A CONTARNOS MÁIS CONTOS E AQUÍ ESTÁ O NOVO, A canción do sol.
O PROTAGONISTA DO CONTO É PERICO, UN GALO QUE VIVE NUNHA GRANXA NAS MONTAÑAS. SEMPRE É O PRIMEIRO EN ESPERTAR PORQUE O SEU TRABALLO CONSISTE EN CANTAR UNHA CANCIÓN PARA CHAMAR POLO SOL.
ESTEFANÍA ESCRIBE UNS CONTOS QUE NOS ENCANTAN, OS SEUS DEBUXOS SON FANTÁSTICOS E QUE BONITA É A SÚA MENSAXE "A VECES NO HAY QUE PERSEGUIR EL SOL, SÓLO ESPERAR A QUE PASEN LAS NUBES"
 VOLTA PRONTO, ESTEFANÍA! 
ESPERAMOS IMPACIENTES UN NOVO CONTO!