SEMPRE NA NOSA ESCOLA, CANDO SE ACHEGA A FIN DO CURSO, SE PROPÓN UNHA SAÍDA TODOS OS NENOS E NENAS E OS PROFES. ESTE ANO DECIDÍMONOS POLA VISITA Á GRANXA ESCOLA DE BARREIROS APROVEITANDO QUE ESTÁ TAN PRETIÑO DE NÓS.
CHEGAMOS DE MAÑANCIÑA E XA NOS RECIBIRON CUN PEQUENO ALMORZO MENTRAS NOS EXPLICABAN AS ACTIVIDADES A REALIZAR AO LONGO DA XORNADA.
COMEZAMOS POLO OBRADOIRO DO PAN,
LOGO DEMOS DE COMER ÁS GALIÑAS E AOS PATOS,
RECOLLEMOS VERDURA DO INVERNADOIRO PARA OS PORQUIÑOS,
PASEAMOS NO CARRO CO CABALO,
SAUDAMOS AOS COELLIÑOS
E ANTES DE COMER, AÍNDA TUVEMOS TEMPO DE VER UNHA TARTARUGA NO ESTANQUE QUE QUERÍA XOGAR AO ESCONDITE E ALGUNHA RA.
FOI UNHA MAÑÁ TAN INTENSA QUE XA TIÑAMOS GANAS DO XANTAR. QUE RICO ESTABA TODO!
LOGO AÍNDA TIVEMOS QUE ESPERAR QUE SAÍRAN OS BOLIÑOS DE PAN DO FORNO, MENTRAS XOGAMOS NO PEQUENO PARQUE QUE HAI A CARÓN DO COMEDOR.
CHEGOU A HORA DA DESPEDIDA E VALENTÍN, O CAN, VEU ACOMPAÑARNOS ATA O AUTOBÚS.
FOI UN EXPERIENCIA MOI ESPECIAL NA QUE APRENDEMOS MOITAS COUSAS PERO TAMÉN UN DÍA DE DESFRUTAR TODOS XUNTOS!