31 de mayo de 2016

Maio 2016: NA GRANXA DE BARREIROS

SEMPRE NA NOSA ESCOLA, CANDO SE ACHEGA A FIN DO CURSO, SE PROPÓN UNHA SAÍDA TODOS OS NENOS E NENAS E OS PROFES. ESTE ANO DECIDÍMONOS POLA VISITA Á GRANXA ESCOLA DE BARREIROS APROVEITANDO QUE ESTÁ TAN PRETIÑO DE NÓS.
 
CHEGAMOS DE MAÑANCIÑA E XA NOS RECIBIRON CUN PEQUENO ALMORZO MENTRAS NOS EXPLICABAN AS ACTIVIDADES A REALIZAR AO LONGO DA XORNADA.
COMEZAMOS POLO OBRADOIRO DO PAN,
   
LOGO DEMOS DE COMER ÁS GALIÑAS E AOS PATOS,
 RECOLLEMOS VERDURA DO INVERNADOIRO PARA OS PORQUIÑOS,
 PASEAMOS NO CARRO CO CABALO,
 
SAUDAMOS AOS COELLIÑOS
 
E ANTES DE COMER, AÍNDA TUVEMOS TEMPO DE VER UNHA TARTARUGA NO ESTANQUE QUE QUERÍA XOGAR AO ESCONDITE E ALGUNHA RA.
 
FOI UNHA MAÑÁ TAN INTENSA QUE XA TIÑAMOS GANAS DO XANTAR. QUE RICO ESTABA TODO!
LOGO AÍNDA TIVEMOS QUE ESPERAR QUE SAÍRAN OS BOLIÑOS DE PAN DO FORNO, MENTRAS XOGAMOS NO PEQUENO PARQUE QUE HAI A CARÓN DO COMEDOR.

CHEGOU A HORA DA DESPEDIDA E VALENTÍN, O CAN, VEU ACOMPAÑARNOS ATA O AUTOBÚS.

FOI UN EXPERIENCIA MOI ESPECIAL NA QUE APRENDEMOS MOITAS COUSAS PERO TAMÉN UN DÍA DE DESFRUTAR TODOS XUNTOS!



 
 
 
 

 


 
 

20 de mayo de 2016

Maio 2016: A CANCIÓN DO SOL

ESTEFANÍA PADULLÉS É UNHA ESCRITORA E ILUSTRADORA MOI AMIGA DA NOSA ESCOLA. OS NOSOS COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS MAIORES XA A COÑECÍAN PORQUE ESTIVERA FAI ALGÚN TEMPO CONTÁNDOLLES O desexo do gato Klops. DAQUELA FIXERA UNHA PROMESA, QUE VOLTARÍA A CONTARNOS MÁIS CONTOS E AQUÍ ESTÁ O NOVO, A canción do sol.
O PROTAGONISTA DO CONTO É PERICO, UN GALO QUE VIVE NUNHA GRANXA NAS MONTAÑAS. SEMPRE É O PRIMEIRO EN ESPERTAR PORQUE O SEU TRABALLO CONSISTE EN CANTAR UNHA CANCIÓN PARA CHAMAR POLO SOL.
ESTEFANÍA ESCRIBE UNS CONTOS QUE NOS ENCANTAN, OS SEUS DEBUXOS SON FANTÁSTICOS E QUE BONITA É A SÚA MENSAXE "A VECES NO HAY QUE PERSEGUIR EL SOL, SÓLO ESPERAR A QUE PASEN LAS NUBES"
 VOLTA PRONTO, ESTEFANÍA! 
ESPERAMOS IMPACIENTES UN NOVO CONTO!
 

17 de mayo de 2016

Maio 2016: LETRAS GALEGAS 2016, MANUEL MARÍA

ESTE ANO AS LETRAS GALEGAS ESTÁN ADICADAS A UN ESCRITOR MOI PRÓXIMO AOS NENOS E NENAS, MANUEL MARÍA, QUE NOS AGASALLOU CON VERSOS FEITOS ESPECIALMENTE PARA NÓS.
ESTA É A CARTA COA QUE COMEZA O SEU LIBRO Os soños na gaiola

 
E FOI PRECISAMENTE DESTE LIBRO DO QUE ESCOLLEMOS UNS POEMAS PARA HOMENAXEAR A ESTE GRANDE ESCRITOR QUE ILUSTRAMOS E CONVERTEMOS NUN PEQUENO LIBRO.
 




  

TAMÉN PARTICIPAMOS, XUNTO COS NOSOS COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS DA ESCOLA NUN MURAL COLECTIVO.  


Poemiña para namorar a unha rosa, SON OS VERSOS QUE ADORNAR AGORA A ENTRADA DA NOSA ESCOLA  
 
GRAZAS, MANUEL MARÍA, POLO TEU LEGADO!

12 de mayo de 2016

Maio 2016: A PRIMAVERA NA PRAZA DA VILA

AÍNDA QUE "OFICIALMENTE" XA FAI MÁIS DUN MES QUE COMEZOU A PRIMAVERA, PARECE QUE ESTE ANO O FRÍO E A CHOIVA QUERÍAN CONTINUAR CON NÓS ALGO MÁIS. 
ESTABAMOS DESEXANDO QUE CHEGARA O BO TEMPO PARA PODER SAÍR ATA A PRAZA DA VILA E POR FIN... ESTÁ AQUÍ!
 
O CHAN ESTÁ "SUPER BONITO" CON TANTAS FLORES!
 
XOGAMOS, CONTAMOS CONTOS, CANTAMOS E ATA COMEMOS UNHAS CHUCHES!
 
TAMÉN OS PAXAROS ESTÁN CONTENTOS COA CHEGADA DA PRIMAVERA, HABÍA MOITOS, PERO PARECE QUE OS ASUSTAMOS COAS NOSAS RISAS E CANCIÓNS E NON QUIXERON ACHEGARSE.
 ABANDONAMOS O ASENTO MOL DA HERBA E FOMOS DESFRUTAR DOS XOGOS DO PARQUE.
 
 
 
 
 
QUE TARDE TAN DIVERTIDA NA QUE COMPARTIMOS TANTAS COUSAS XUNTOS!!!