A NOSA ESCOLA FAI TÓDOLOS ANOS UNHA PEQUENA VISITA AOS AVÓS E AVOAS DA RESIDENCIA DE MAIORES "NOSA SEÑORA DO CARME". É UNHA XORNADA DE APRENDER, COMPARTIR E DESFRUTAR COS NOSOS MAIORES.
CANDO CHEGAMOS, RECIBÍUNOS ANA, E DESPOIS DA BENVIDA E OS SAÚDOS, COMEZAMOS O PERCORRIDO POLAS INSTALACIÓNS: SALAS DE ESTAR, CUARTOS, XIMNASIO, AULA, XARDÍNS, ...
NÓS NON SABIAMOS QUE OS AVÓS E AVOAS TAMÉN TIÑAN UNHA ESCOLA E QUE FACÍAN COUSAS PARECIDAS ÁS QUE FACEMOS NÓS!
INCLUSO NOS ENSINARON VARIAS PERRUCAS QUE FIXERON POLO ENTROIDO!!
E QUE BONECOS MÁIS XEITOSOS...
DESPOIS DE VER TÓDALAS DEPENDENCIAS, INVITÁRONNOS A UN PEQUENO ALMORZO CON ZUME E UN BISCOITO.
LOGO... QUE SORPRESA NOS TIÑAN PREPARADA!
UN TEATRO DE MONICREQUES FEITO POR ELES MESMOS!
A AVOA ANITA NARRABA OS CONTOS E OS DEMAIS AVÓS, DETRÁS, ÍAN FALANDO E MOVENDO OS PERSONAXES.
O PRIMEIRO CONTO FOI "CARAPUCHIÑA VERMELLA", LOGO "OS TRES PORQUIÑOS" E COMO PEDIAMOS "outro,outro!", VENDO UN PÚBLICO TAN ENTREGADO, TAMÉN REPRESENTARON PARA NÓS "BRANCANEVES E OS SETE ANANIÑOS".
PERO NON ACABARON AQUÍ AS SORPRESAS. OS AVÓS E AVOAS, TAMÉN NOS TIÑAN UN AGASALLO PARA CADA UN DE NÓS E PARA OS PROFES: UN "POMPÓN" DE LA, QUE FIXERON ELES NA SÚA CLASE, NO QUE EMPREGARON MOITO TEMPO E CARIÑO.
NÓS, POLA NOSA PARTE, CANTÁMOSLLES UNHA CANCIÓN E REGALÁMOSLLES UNHA PLANTA CUN TESTO QUE FIXEMOS NÓS.
E CHEGOU A HORA DAS DESPEDIDAS,
QUE DÍA TAN ESPECIAL!
MOITAS GRAZAS, AVÓS E AVOAS!
LEVÁMOSVOS ALGO DE FELICIDADE PERO TRAEMOS MOITA MÁIS CON NÓS!
INCLUÍMOS UN ENLACE A UN CONTO "LA ABUELA EXTRATERRESTRE" QUE NOS AXUDARÁ A COMPRENDER E RESPECTAR UN POUQUIÑO MÁIS AOS NOSOS MAIORES: