"O LOBO LELO" NON É UN CONTO NOVO, FOI EDITADO NO ANO 1979, CANDO OS NOSOS PAPÁS E MAMÁS ERAN PEQUENOS E ALGÚN DELES AÍNDA NON NACERA. PERO XA DENDE O PRIMEIRO DÍA QUE CHEGOU Á CLASE PARECEUNOS QUE TIÑA ALGO ESPECIAL QUE ENGANCHABA.
DECIDIMOS CONVERTER "O LOBO LELO" EN ALGO MOI NOSO.
PUXÉMONOS MANS Á OBRA:
ADAPTAMOS UN POUQUIÑO O TEXTO, DEBUXAMOS OS PERSONAXES, PREPARAMOS OS FONDOS, ESCRIBIMOS Á MAN E NO ORDENADOR O CONTO, GRAVAMOS OS DIÁLOGOS.
FORON VARIAS SEMANAS DE INTENSO TRABALLO PERO... TRABALLO DIVERTIDO!
E XA TEMOS O RESULTADO FINAL!!!
ESPEREMOS QUE VOS GUSTE XA QUE FOI UN TRABALLO NO QUE PUXEMOS MOITA ILUSIÓN E QUE ADICAMOS AOS QUE A PESAR DE TER QUE FACERSE MAIORES SEGUEN EMPEÑADOS EN SACAR AO NENO OU NENA QUE LEVAN DENTRO.
NON CAMBIEDES NUNCA!