31 de mayo de 2015

Maio 2015: GRANXA GARABULLOS

CANDO SE ACHEGA A FIN DE CURSO, SEMPRE FACEMOS UNHA EXCURSIÓN TÓDOLOS NENOS E NENAS DA ESCOLA, ESTE ANO FOI Á GRANXA GARABULLOS EN COSPEITO.
PERO COMO DIN NA GRANXA: "pasar un día en Garabullos con Revolta Natural vai máis aló de saír da aula para pasar o día de excursión".
ELES PRETENDEN "espertar" NOS NENOS E NENAS "un sentimento de conexión coa natureza que serva de base para querer aprender con ela, nela, dela ..."
 
COMEZAMOS CUNHA HISTORIA MÁXICA QUE FOI O FÍO CONDUTOR DURANTE TODO O DÍA, EN TÓDALAS ACTIVIDADES QUE REALIZAMOS.
TIVEMOS UN TEMPO PARA ADICAR AOS ANIMAIS DA GRANXA: CABALOS, COELLOS, CABRAS, OVELLAS, OCAS, BURRO, ...
PARA FACER O PAN DE DRAGÓN,
 
PARA CORRER, XOGAR E DESFRUTAR DA NATUREZA
 
 
 

E PARA XANTAR  TODOS XUNTOS Á SOMBRA DAS ÁRBORES.
 


NON FALTARON EN TODA A XORNADA XOGOS E CANCIÓNS QUE AMENIZARON CADA ACTIVIDADE DO DÍA. 
PERO CHEGOU A HORA DA DESPEDIDA, ESTABAMOS MOI CANSOS PERO MOI CONTENTOS. LEVAMOS CON NÓS UNHA NOVA EXPERIENCIA QUE NOS AXUDARÁ A VALORAR, MOITO MÁIS SE CABE, A IMPORTANCIA DA NATUREZA NAS NOSAS VIDAS.
ESTE É O MANIFESTO QUE ESTABA NA GRANXA GARABULLOS QUE REPRESENTA O QUE SIGNIFICOU ESTA EXCURSIÓN PARA NÓS. DEL SACAMOS ESTA FRASE TAN BONITA DE Jean Jacques Rousseau: 

"HAI UN LIBRO SEMPRE ABERTO PARA TODOS OS OLLOS: A NATUREZA".
 
 HOXE, NÓS ESTIVEMOS A LER ESE LIBRO... 





 


23 de mayo de 2015

Maio 2015: RESIDENCIA DE MAIORES "NOSA SEÑORA DO CARME"

A NOSA ESCOLA FAI TÓDOLOS ANOS UNHA PEQUENA VISITA AOS AVÓS E AVOAS DA RESIDENCIA DE MAIORES "NOSA SEÑORA DO CARME". É UNHA XORNADA DE APRENDER, COMPARTIR E DESFRUTAR COS NOSOS MAIORES.
CANDO CHEGAMOS, RECIBÍUNOS ANA, E DESPOIS DA BENVIDA E OS SAÚDOS,  COMEZAMOS O PERCORRIDO POLAS INSTALACIÓNS:  SALAS DE ESTAR, CUARTOS, XIMNASIO, AULA, XARDÍNS, ...
 

 

NÓS NON SABIAMOS QUE OS AVÓS E AVOAS TAMÉN TIÑAN UNHA ESCOLA E QUE FACÍAN COUSAS PARECIDAS ÁS QUE FACEMOS NÓS!
INCLUSO NOS ENSINARON VARIAS PERRUCAS QUE FIXERON POLO ENTROIDO!!

E QUE BONECOS MÁIS XEITOSOS...
 DESPOIS DE VER TÓDALAS DEPENDENCIAS, INVITÁRONNOS A UN PEQUENO ALMORZO CON ZUME E UN BISCOITO.
LOGO... QUE SORPRESA NOS TIÑAN PREPARADA! 
UN TEATRO DE MONICREQUES FEITO POR ELES MESMOS!
 
A AVOA ANITA NARRABA OS CONTOS E OS DEMAIS AVÓS, DETRÁS, ÍAN FALANDO E MOVENDO OS PERSONAXES.
O PRIMEIRO CONTO FOI "CARAPUCHIÑA VERMELLA", LOGO "OS TRES PORQUIÑOS" E COMO PEDIAMOS "outro,outro!", VENDO UN PÚBLICO TAN ENTREGADO, TAMÉN REPRESENTARON PARA NÓS "BRANCANEVES E OS SETE ANANIÑOS".
PERO NON ACABARON AQUÍ AS SORPRESAS. OS AVÓS E AVOAS, TAMÉN NOS TIÑAN UN AGASALLO PARA CADA UN DE NÓS E PARA OS PROFES: UN "POMPÓN" DE LA, QUE FIXERON ELES NA SÚA CLASE, NO QUE EMPREGARON MOITO TEMPO E CARIÑO.

       
NÓS, POLA NOSA PARTE, CANTÁMOSLLES UNHA CANCIÓN E REGALÁMOSLLES UNHA PLANTA CUN TESTO QUE FIXEMOS NÓS.
 

E CHEGOU  A HORA DAS DESPEDIDAS,
 
QUE DÍA TAN ESPECIAL! 
MOITAS GRAZAS, AVÓS E AVOAS!

LEVÁMOSVOS ALGO DE FELICIDADE PERO TRAEMOS MOITA MÁIS CON NÓS!

INCLUÍMOS UN ENLACE A UN CONTO "LA ABUELA EXTRATERRESTRE" QUE NOS AXUDARÁ A COMPRENDER E RESPECTAR UN POUQUIÑO MÁIS AOS NOSOS MAIORES:






19 de mayo de 2015

Maio 2015: A PRIMAVERA XA CHEGOU!

AÍNDA QUE XA FAI MÁIS DUN MES QUE EMPEZOU A PRIMAVERA, PARECÍA QUE AS NUBES E A CHUVIA NON QUERÍAN MARCHAR, PERO DENDE FAI UNS DÍAS O SOL LOCE RADIANTE E ANÍMANOS A SACAR AO PEQUENO ARTISTA QUE CADA UN DE NÓS LEVAMOS DENTRO. 
ESTAS SON ALGUNHAS DAS CORES DA PRIMAVERA NA NOSA CLASE:




  

     

        

E ESTE FOI O MURAL DA PRIMAVERA QUE FIXEMOS ENTRE TODOS/AS.
 
QUE PRIMAVERA MÁIS ESPECTACULAR!
 
ESTE É UN ENLACE A UNHA CANCIÓN DA PRIMAVERA QUE NOS GUSTA MOITO:
 

18 de mayo de 2015

Maio 2015: CAMIÑO DE SANTIAGO

A NOSA VILA É UN ENCLAVE IMPORTANTE DENTRO DO CAMIÑO FRANCÉS CARA A SANTIAGO, DECLARADO PATRIMONIO DA HUMANIDADE DENDE O ANO 1993.
 
                                        
                 

UN GRAN NÚMERO DE PEREGRINOS INICIAN A SÚA PEREGRINAXE EN SARRIA, E NÓS, ACOSTUMADOS A VELOS TÓDOLOS DÍAS, DECIDIMOS REALIZAR UN PEQUENO TRAXECTO APROVEITANDO QUE XA TEMOS MELLOR TEMPO.
ESTIVEMOS PREPARANDO UNHAS CUNCHAS PARA LEVAR COMO IDENTIFICACIÓN, ESTUDAMOS NO MAPA PARTE DO CAMIÑO QUE IAMOS RECORRER E PUXEMOS O NOME NA NOSA CREDENCIAL.


 
INTENTAMOS BUSCAR UNHA ETAPA DUNS DOUS QUILÓMETROS QUE NON ENTRAÑARA MOITA DIFICULTADE.
CONTAMOS COA COLABORACIÓN DA EMPRESA PORTOMARÍN (QUE NOS TRASLADOU AO INICIO DO CAMIÑO E QUE NOS RECOLLEU AO FINAL) E DO ALBERGUE "PALOMA Y LEÑA" (FAMILIARES DOS NOSOS COMPAÑEIROS RODRIGO E MARIANA), ONDE NOS RECIBIRON COS BRAZOS ABERTOS, CONVIDÁNDONOS A UN PEQUENO ALMORZO, ENSINÁNDONOS AS INSTALACIÓNS E CONTÁNDONOS ALGO DE HISTORIA SOBRE O CAMIÑO DE SANTIAGO.
 
 

 

 
DESPOIS DE AGASALLARNOS COA SÚA HOSPITALIDADE, EN "PALOMA Y LEÑA" DESPEDÍRONNOS CON UN:
"BO CAMIÑO, PEREGRINOS"
 
COMEZAMOS O CAMIÑO CON PASO DECIDIDO,
 

 CONVERSANDO
 
 PARÁNDONOS A OBSERVAR A NATUREZA, 
 
 SAUDANDO A OUTROS PEREGRINOS QUE NOS FALABAN EN IDIOMAS DISTINTOS AO NOSO,  
APRENDENDO A INTERPRETAR OS SINAIS DO CAMIÑO: OS MARCOS DE GRANITO ESTÁN CADA CINCOCENTOS METROS E NELES DI CANTOS QUILÓMETROS FALTAN PARA CHEGAR A SANTIAGO.
TOMÁNDONOS UN PEQUENO DESCANSO PARA REPOÑER FORZAS,
 E ALÓ AO FONDO... XA SE VE SARRIA!
 
E XA, ESPERANDO O AUTOBÚS. 
QUE CURTO SE NOS FIXO O CAMIÑO!

NON ESTABAMOS CANSADOS! 
QUERIAMOS SEGUIR CAMIÑO DE SANTIAGO!
 
BO CAMIÑO, PEREGRINOS!!!!!!!