HOXE ÍMOSVOS CONTAR O DIVERTIDA QUE FOI A VISITA QUE FIXEMOS Á PANADERÍA PALLARES.
RECIBIUNOS JAVIER XUNTO CO PASTOR, O BURRIÑO DA PANADERÍA (QUE DÍN QUE FALA COS PEREGRINOS QUE SE DIRIXEN A SANTIAGO DE COMPOSTELA).
ENTRAMOS Ó INTERIOR DA PANADERÍA ONDE SE FAI O PAN, AS EMPANADAS E TODO TIPO DE DÓCES. QUE ARRECENDO!
JAVIER EXPLICOUNOS, DE XEITO SINXELO, O PROCESO DO PAN DENDE QUE SE SEMENTAN OS GRANS DE TRIGO NA TERRA ATA QUE ESTÁ O BOLO LISTO PARA O "BOCATA".
MENTRAS SE COCÍAN AS NOSAS "OBRAS DE ARTE" NO FORNO, FIXEMOS UN PEQUENO PERCORRIDO POLAS INSTALACIÓNS VENDO AS DISTINTAS MÁQUINAS QUE UTILIZAN (AMASADORA, FORNOS, ...).
LOLI E CRISTINA TAMÉN NOS ENSINARON AS CLASES DE EMPANADAS QUE SE FAN E DESCUBRIMOS O QUE É UN "BOLO PREÑADO".
NON NOS PERDEMOS A VISITA Ó MUSEO DA PANADERÍA ONDE PUIDEMOS VER UN MONTÓN DE OBXECTOS ANTIGOS QUE NOS DEIXARON ENFEITIZADOS.
CHEGOU A HORA DE SACAR O NOSO PAN DO FORNO. QUE ILUSIÓN NOS FIXO!
TAMÉN NOS ENTREGARON A CADA UN DE NÓS UN DIPLOMA QUE NOS ACREDITA COMO "MESTRES PANADEIROS".
DESPEDÍMONOS CON CERTA TRISTEZA. PASÁMOLO TAN BEN E APRENDEMOS TANTAS COUSAS QUE PASOU A MAÑÁ NUN TRIS E XA ERA HORA DE VOLVER PARA A ESCOLA!
A JAVIER E A TODO O PERSONAL DA PANADERÍA PALLARES POLA SÚA PACIENCIA E O SEU BO FACER!

GRACIÑAS!!!!!!