25 de abril de 2014

Abril 2014: DÍA DO LIBRO

DENDE O ANO 1996, VÉNSE CELEBRANDO "O DÍA DO LIBRO" O 23 DE ABRIL, COINCIDINDO CO ANIVERSARIO DA MORTE DE DOUS ESCRITORES UNIVERSAIS: MIGUEL DE CERVANTES E WILLIAM SHAKESPEARE.
NÓS FESTEXAMOS ESTE DÍA DUN XEITO ESPECIAL, VISITAMOS A BIBLIOTECA MUNICIPAL DE SARRIA, QUE CONTA CON MÁIS DE 10.000 EXEMPLARES.
ESTIVEMOS UN RATIÑO NA SECCIÓN DE LITERATURA INFANTIL, ONDE ESTHER, A BIBLIOTECARIA NOS DEIXOU   ESCOLLER NAS ESTANTERÍAS OS CONTOS QUE MÁIS NOS GUSTABAN.
"Non hai espectáculo máis fermoso que a mirada dun neno que está lendo"
DESPOIS DE GOZAR ALÍ COA LECTURA, DECIDIMOS TRAER PARA A NOSA ESCOLA VARIOS CONTOS E PELÍCULAS EN PRÉSTAMO, QUE IREMOS CAMBIANDO POR OUTROS Ó LONGO DO CURSO.
 ESTHER TAMÉN NOS CONTOU QUE SE VAMOS ACOMPAÑADOS DUN ADULTO PODEMOS FACER O NOSO PROPIO "CARNÉ DA BIBLIOTECA" DE XEITO TOTALMENTE GRATUITO E PODER DESFRUTAR NA CASA DE TÓDOLOS LIBROS E PELÍCULAS QUE QUEIRAMOS.
QUE ILUSIÓN NOS FAI!
"Un libro aberto é un cerebro que fala,
un libro pechado é un amigo que espera,
un libro olvidado, un espíritu que perdoa,
un libro destruído, un corazón que chora"