15 de mayo de 2014

Maio 2014: AVENTURA NA NATUREZA, PARQUE ZOOLÓXICO DE MARCELLE

DESPOIS DE TEMPO ESPERANDO, CHEGOU O DÍA DA VISITA Ó PARQUE ZOOLÓXICO DE "MARCELLE NATUREZA" EN OUTEIRO DE REI.
A EMOCIÓN DE VIAXAR CON TÓDOLOS NENOS E NENAS DA ESCOLA E PASAR TODO O DÍA XUNTOS CASE NON NOS DEIXOU DURMIR! ENGANDINDO ADEMAIS A ILUSIÓN QUE NOS FAI PODER VER  ANIMAIS EN SEMILIBERDADE TAN PRETIÑO DE NÓS.
SAÍMOS EN DOUS AUTOBUSES CARA O PARQUE. DESPOIS DUNHA VIAXE DUNS 45 MINUTOS CHEGAMOS A MARCELLE E ... 
EMPEZA A AVENTURA!
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
  
 COMEZAMOS O PERCORRIDO POLO PARQUE,
PRIMEIRO OS DROMEDARIOS.
 
 SEGUIMOS VENDO TODO TIPO DE ANIMAIS: CEBRAS, BISONTES, CAPUCHINOS, AVESTRUCES, GACELAS, LOBOS, TARTARUGAS...
OBSERVAMOS ÁS IGUANAS E Á SERPE PITÓN DUNHA COR MOI MOI VERDE!
   
E COINCIDIMOS COA HORA DO BAÑO DOS OSOS, MIRA QUE CHE SON BEN REXOUBEIROS!
   
VIMOS OUTROS ANIMAIS DOS QUE XA NON LEMBRAMOS O NOME...
 E SEN DARNOS CONTA CHEGA A HORA DO XANTAR...















...E DE XOGAR UN POUCO NO PARQUE INFANTIL.

LOGO, XA POLA TARDE, PARTICIPAMOS NUN PEQUENO OBRADOIRO DE PINTURA E VEMOS UNHA OBRIÑA DE TEATRO ONDE OS PROTAGONISTAS SON ANIMAIS DO PARQUE. 
QUE RÁPIDO PASA O TEMPO! 
XA É HORA DE IRSE E ESTAMOS UN POUCO TRISTES...
 
 
DESPEDÍMONOS DE MARCELLE COA IDEA DE VOLTAR PRONTO!
HOXE DESFRUTAMOS DA NATUREZA XUNTOS E APRENDEMOS A COIDALA UN POUQUIÑO MÁIS.
  SÓ POR ESA RAZÓN XA VALEU A PENA!