DENDE QUE EMPEZOU O CURSO ESTIVEMOS A TRABALLAR NO PROXECTO SOBRE HENRI MATISSE CO PROFE IVÁN.
PARTE DO TRABALLO XA O LEVAMOS PARA CASA NUN CADERNO QUE ELABORAMOS SOBRE A VIDA E OBRA DESTE XENIAL PINTOR.
LOGO INTENTAMOS SER CADA UN DE NÓS COMO MATISSE. O CADRO QUE ESCOLLEMOS NA CLASE DE CATRO ANOS FOI O TITULADO "La danza" E A VERDADE É QUE O RESULTADO FOI IMPRESIONANTE.
FAI UNS DÍAS, COINCIDINDO CO INICIO DA PRIMAVERA, O PATIO DA ESCOLA CONVERTEUSE NUNHA EXPLOSIÓN DE LUZ E COR COAS NOSAS OBRAS SOBRE MATISSE, UN DOS MELLORES ARTISTAS DO SÉCULO PASADO.
SE QUEREDES COÑECER UN POUQUIÑO MÁIS A FONDO O NOSO PROXECTO PODÉDELO VER NUN VÍDEO NO SEGUINTE ENLACE NO NOSO CANAL DE YOUTUBE: http://youtu.be/gfhvmouV_34
OU NA PÁXINA PRINCIPAL DA PÁXINA WEB DA ESCOLA.