A NOSA ESCOLA RECIBIUNOS ESTE CURSO CUNHA MENSAXE IMPORTANTE: "O PLANETA TERRA É O NOSO FOGAR. QUE FAS TI POR EL?".
E AÍNDA QUE HOXE FOI DÍA
DE APERTAS , DE REENCONTRO COS AMIG@S, DE CONTAR AS VIVENCIAS DO VERÁN...
TAMÉN FOI DÍA DE FACER PROXECTOS, DE APORTAR IDEAS E DE DECIDIR QUE IMOS FACER TODOS PARA MELLORAR A "SAÚDE" DO NOSO PLANETA.
XA VAI PARA TRES ANOS QUE ESTEFANÍA PADULLÉS VISITOU POR PRIMEIRA VEZ A NOSA ESCOLA. DENDE AQUEL MOMENTO, ESTA XENIAL ILUSTRADORA E ESCRITORA RESIDENTE EN PARADELA, PROMETEU VOLTAR CADA VEZ QUE SACARA UN LIBRO NOVO.
PRIMEIRO FOI "O DESEXO DO GATO KLOPS"
LOGO "A CANCIÓN DO SOL"
E AGORA... "MAX E LEA"
QUE SORTE TEMOS DE PODER ESCOITAR A ESTEFANÍA CONTÁNDONOS O SEU PROPIO CONTO E DEBUXÁNDOO PARA NÓS!
MAX É UN DINOSAURO MOI GRANDE E MOI FORTE PERO POLA NOITE...TEN MEDO DA ESCURIDADE! POBRE MAX!
PIDE AXUDA A OUTROS DINOSAUROS PERO SERÁ A PEQUENA LEA A QUE AXUDARÁ AO PROTAGONISTA DESTA HISTORIA...
ESTEFANÍA, ES UNHA CONTACONTOS MARABILLOSA!
MOITAS GRAZAS POR ESTE AGASALLO TAN ESPECIAL!
QUERIDA AMIGA, ESPERAMOS VERTE MOI PRONTO POLA NOSA ESCOLA CON NOVAS HISTORIAS!
COÑECEDES DENDE FAI ANOS A TRAXECTORIA DA NOSA ESCOLA NA DEFENSA DO MEDIO AMBIENTE E A NOSA PARTICIPACIÓN NO PROXECTO VOZ NATURA.
ESTE CURSO TUVEMOS A SORTE DE RECIBIR A VISITA DO GARDA CIVIL DO SEPRONA (Servizo de Protección da Natureza), ROBERTO, QUE NOS AMOSOU, DE XEITO MOI AMENO, COMO PODEMOS COLABORAR NÓS PARA FAVORECER O COIDADO DO MEDIO AMBIENTE.
NÓS APROVEITAMOS PARA CONTARLLE TAMÉN ESAS PEQUENAS COUSAS QUE FACEMOS NO NOSO DÍA A DÍA PARA PROTEXER O NOSO PLANETA.
"Este é o noso fogar, a nosa responsabilidade é...
MOITOS DE NÓS TEMOS MASCOTAS NA CASA: GATIÑOS, CADELOS, PAXAROS, PEIXES, ...
TAMÉN COÑECEMOS OUTROS ANIMAIS DO NOSO ENTORNO COMO VACAS, OVELLAS, PORCOS, COELLOS, GALIÑAS, PATOS.
PERO COMO NOS GUSTARÍA VER DE PRETO OUTROS ANIMAIS...
...QUE SORPRESA! DESEXO CUMPRIDO!
VIAXAMOS TODOS OS NENOS E NENAS DA ESCOLA A "MARCELLE NATUREZA"!!!
MARCELLE NATUREZA É UN PARQUE ZOOLÓXICO ESPECIAL, ACOLLE ANIMAIS "PROCEDENTES DOUTROS ZOOS, CENTROS DE RECUPERACIÓN OU CENTROS DE RESCATE, NUNCA DE CAPTURAS DE ANIMAIS EN LIBERDADE". ESTÁ SITUADO NO CONCELLO DE OUTEIRO DE REI.
CHEGAMOS A MARCELLE Á PRIMEIRA HORA DA MAÑÁ, ALGO NERVIOSOS PERO MOI ILUSIONADOS. POR GRUPOS ASIGNÁRONNOS UN MONITOR/A E ALÓ NOS FOMOS, DE VISITA POR TODO O PARQUE!