8 de abril de 2015

Abril 2015: POSTAL DE SANTIAGO DE COMPOSTELA


DESPOIS DAS VACACIÓNS DE SEMANA SANTA, UNHA COMPAÑEIRA NOSA TROUXO UNHA POSTAL DUNHA CIDADE QUE VISITOU: SANTIAGO DE COMPOSTELA.


DADA A EXPERIENCIA QUE XA TEMOS CO CORREO ORDINARIO, DECIDIU ELA MESMA TRAERNOS A TARXETA.


APROVEITAMOS PARA APRENDER UN MONTÓN DE COUSAS SOBRE A CAPITAL DE GALICIA E A SÚA CATEDRAL, DA QUE NATALIA TAMÉN NOS CONTOU ALGUNHAS COUSAS.

 

 TAMÉN ESTIVEMOS BUSCANDO INFORMACIÓN EN INTERNET SOBRE O "BOTAFUMEIRO", QUE PESA MÁIS DE 50 QUILOS, MIDE UN METRO E MEDIO E CANDO O POÑEN EN MOVEMENTO SON NECESARIAS OITO PERSOAS QUE LLES CHAMAN "TIRABOLEIROS", PODENDO ALCANZAR UNHA VELOCIDADE DE 70 QUILÓMETROS/HORA.
PASÁMOLO XENIAL RECIBINDO CARTAS E DE PASO APRENDEMOS MOITAS COUSAS INTERESANTES SOBRE LUGARES QUE NON TODOS E TODAS COÑECEMOS.

AGORA TOCA ESPERAR POLA PRÓXIMA CARTA. 
DE QUEN SERÁ?