13 de abril de 2015

Abril 2015: ESCOLA VERDE. II PARTE

AS ACTIVIDADES "VERDES" NON SÓ SE LIMITAN AO INVERNADOIRO. NA NOSA ESCOLA, O COMPROMISO COA NATUREZA FORMA PARTE DO DÍA A DÍA.
LEMBRADES AS LANDRAS QUE SEMENTAMOS NA CLASE POLO OUTONO? POIS XA SE CONVERTERON NUNS CARBALLOS MOI XEITOSOS!
 
A IDEA É PODER PLANTALOS NALGÚN LUGAR ESPECIAL ONDE PODAMOS VER COMO MEDRAN AS NOSAS ÁRBORES AO MESMO TEMPO CA NÓS.

E RECORDADES O TRISTE QUE ESTABA O NOSO XARDÍN CANDO SEMENTAMOS OS BULBOS DE TULIPÁN NO MES DE NOVEMBRO? QUE EXPLOSIÓN DE CORES ESTA PRIMAVERA!
 TAMÉN TEMOS MOI EN CONTA AS TRES R (RECICLAR, REDUCIR, REUTILIZAR) PROCURANDO NAS NOSAS PLANTACIÓNS UTILIZAR ENVASES RECICLADOS.
OS ÚLTIMOS QUE USAMOS, PARA SEMENTAR O PIRIXEL, QUEDARON MOI ORIXINAIS.



 
AÍNDA TEREMOS QUE ESPERAR UNS DÍAS PARA VER OS RESULTADOS DA SEMENTEIRA...

ESTES DÍAS, COMO ESTABAMOS TAN PENDENTES DO XARDÍN, OBSERVAMOS QUE NON TODO O MUNDO É RESPETUOSO CO ENTORNO. DECIDIMOS ADICAR O TEMPO DO RECREO PARA ORGANIZAR UNHA "BRIGADA DE LIMPEZA" CON GUANTES E CARRETILLAS. 
NON IMAXINADES A CANTIDADE DE LIXO QUE ATOPAMOS NO NOSO XARDÍN: PAPEIS, PLÁSTICOS, CABICHAS, RESTOS DE MERENDAS, BOTELLAS...

NÓS ESFORZÁMONOS MOITO E XA VEDES OS RESULTADOS. QUE BONITA ESTÁ A NOSA ESCOLA NA PRIMAVERA!
 
UNHA AUTÉNTICA ESCOLA "VERDE"!!!!!