23 de abril de 2015

Abril 2015: DÍA DO LIBRO

XA ESTAMOS NO 23 DE ABRIL, DÍA DO LIBRO, DATA QUE CONMEMORA A MORTE DE DOUS ESCRITORES TAN REPRESENTATIVOS DA LITERATURA UNIVERSAL: MIGUEL DE CERVANTES E WILLIAM SHAKESPEARE.
XA FACÍA UNHA TEMPADA QUE NON IAMOS FACER UNHA VISITA Á BIBLIOTECA MUNICIPAL E HOXE PARECEUNOS UN DÍA DO MÁIS AXEITADO.
 GÚSTANNOS OS CONTOS!!!!
COLLEMOS VARIOS LIBROS EN PRÉSTAMO PARA PODER LER NA CLASE E PROMETÉMOSLLE A ESTHER, A BIBLIOTECARIA, NON TARDAR MOITO EN VOLTAR.
CANDO ENTRAMOS, UN DE NÓS SE FIXOU NO NOME DA BIBLIOTECA DE SARRIA "Camilo Gonsar". E QUEN É ESE SEÑOR?
A PROFE CONTOUNOS QUE ERA UN IMPORTANTE ESCRITOR SARRIAO QUE ESCRIBIU RELATOS E NOVELAS EN GALEGO, UNHA DELAS CHAMADA Desfeita AMBIENTADA NA NOSA VILA. 
FALECEU NO ANO 2008 E NO ANO 2010, DECIDIUSE POÑER O SEU NOME Á BIBLIOTECA MUNICIPAL. 
XA LOGO NA CLASE ESTIVEMOS FACENDO UNS MARCAPÁXINAS MOI DIVERTIDOS CUNHA FRASE PARA PENSAR: 


APAGA A TELE E ACENDE UN LIBRO!!!
 
NON TODOS E TODAS ESTAMOS DE ACORDO PERO UNHA COUSA NON QUITA A OUTRA, NON SI?

FELIZ DÍA DO LIBRO AMIGOS E AMIGAS !!!!


22 de abril de 2015

Abril 2015: DÍA DA TERRA

O DÍA 22 DE ABRIL CELÉBRASE O día da Terra. XA SABEDES QUE NA NOSA ESCOLA, O DÍA DA TERRA VÉN A SER TÓDOLOS DÍAS DO ANO PERO NON ESTÁ DE MÁIS QUE VOS LEMBREMOS, AOS QUE NOS SEGUIDES HABITUALMENTE, A NECESIDADE QUE TEN O NOSO PLANETA DOS NOSOS COIDADOS.
COMO OUTROS DÍAS, TAMÉN ESTIVEMOS TRABALLANDO NO INVERNADOIRO, QUITANDO "MALAS HERBAS", QUE DI A PROFE QUE NON SON MALAS, É QUE NON ESTÁN NO LUGAR AXEITADO.

POLA TARDE ESTIVEMOS PLANTANDO Caléndulas (que difícil é para lembrarse deste nome). 
 
ERAN ALGO PEQUERRECHAS PERO SEGURAMENTE, COS NOSOS COIDADOS, PRONTO MEDRARÁN E LLES SAIRÁN UN MONTÓN DE FLORES DUNHA COR AMARELA ALARANXADA.
 
VENDO ESTA FOTO, NON SÓ  CELEBRABAMOS O DÍA DA TERRA, TAL PARECÍA QUE TIÑAMOS NA CLASE  día de terra! (con minúsculas). COMO NOS GUSTA TOCALA COAS NOSAS MANS!


   
 

15 de abril de 2015

Abril 2015: DISPARA E DEBUXA AMORCIÑO POLO RÍO

OS QUE SEGUIDES O NOSO BLOGUE COÑECEDES DENDE FAI XA TEMPO O NOSO INTERESE ESPECIAL POLO COIDADO DA NATUREZA E DO NOSO ENTORNO.
DE NOVO, POR SEGUNDO ANO, DECIDIMOS PARTICIPAR NO CONCURSO DE DEBUXO "Dispara e debuxa amorciño polo río", É UN XEITO DE LEMBRAR QUE A NOSA VILA TEN DOUS RÍOS PRECIOSOS QUE PRECISAN DO "MIMO" DAS PERSOAS PARA SEGUIR CONSERVANDO A SÚA BELEZA.
A CONTINUACIÓN TEDES AS NOSAS "OBRAS DE ARTE": OS RÍOS Sarria E Celeiro VISTOS CON OLLOS DE NENO/A. 

     A NOSA PEQUENA HOMENAXE AOS NOSOS RÍOS!


 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 










EN VERDADE QUE SON FERMOSOS!

E UNHA SORPRESA INESPERADA, UN COMPAÑEIRO DA CLASE GAÑOU O PRIMEIRO PREMIO:
  
"O río"  por FLORÍN CRISTIAN

FOI ANA QUEN VEU  ENTREGARNOS OS DIPLOMAS E UN AGASALLO POR PARTICIPAR E O SEU MERECIDO PREMIO A FLORÍN.
GRAZAS ANA, ESTAMOS MOI CONTENTOS!





























13 de abril de 2015

Abril 2015: ESCOLA VERDE. II PARTE

AS ACTIVIDADES "VERDES" NON SÓ SE LIMITAN AO INVERNADOIRO. NA NOSA ESCOLA, O COMPROMISO COA NATUREZA FORMA PARTE DO DÍA A DÍA.
LEMBRADES AS LANDRAS QUE SEMENTAMOS NA CLASE POLO OUTONO? POIS XA SE CONVERTERON NUNS CARBALLOS MOI XEITOSOS!
 
A IDEA É PODER PLANTALOS NALGÚN LUGAR ESPECIAL ONDE PODAMOS VER COMO MEDRAN AS NOSAS ÁRBORES AO MESMO TEMPO CA NÓS.

E RECORDADES O TRISTE QUE ESTABA O NOSO XARDÍN CANDO SEMENTAMOS OS BULBOS DE TULIPÁN NO MES DE NOVEMBRO? QUE EXPLOSIÓN DE CORES ESTA PRIMAVERA!
 TAMÉN TEMOS MOI EN CONTA AS TRES R (RECICLAR, REDUCIR, REUTILIZAR) PROCURANDO NAS NOSAS PLANTACIÓNS UTILIZAR ENVASES RECICLADOS.
OS ÚLTIMOS QUE USAMOS, PARA SEMENTAR O PIRIXEL, QUEDARON MOI ORIXINAIS.



 
AÍNDA TEREMOS QUE ESPERAR UNS DÍAS PARA VER OS RESULTADOS DA SEMENTEIRA...

ESTES DÍAS, COMO ESTABAMOS TAN PENDENTES DO XARDÍN, OBSERVAMOS QUE NON TODO O MUNDO É RESPETUOSO CO ENTORNO. DECIDIMOS ADICAR O TEMPO DO RECREO PARA ORGANIZAR UNHA "BRIGADA DE LIMPEZA" CON GUANTES E CARRETILLAS. 
NON IMAXINADES A CANTIDADE DE LIXO QUE ATOPAMOS NO NOSO XARDÍN: PAPEIS, PLÁSTICOS, CABICHAS, RESTOS DE MERENDAS, BOTELLAS...

NÓS ESFORZÁMONOS MOITO E XA VEDES OS RESULTADOS. QUE BONITA ESTÁ A NOSA ESCOLA NA PRIMAVERA!
 
UNHA AUTÉNTICA ESCOLA "VERDE"!!!!!















 

11 de abril de 2015

Abril 2015: ESCOLA VERDE

HOXE  QUEREMOS CONTARVOS ALGUNHAS DAS ACTIVIDADES RELACIONADAS CO NOSO INVERNADOIRO, ENMARCADAS NO PROXECTO DE VOZ NATURA, QUE COMO XA SABEDES ESTE CURSO ESTÁ ADICADO AOS HORTOS ESCOLARES.

    
COMEZABA ESTA NOVA AVENTURA A PRIMEIROS DE ANO, CANDO APARECEU NA NOSA ESCOLA UNHA CASIÑA QUE PARECÍA DE CRISTAL.  FOI TODA UNHA NOVIDADE! 
DAQUELA AÍNDA NON SABIAMOS QUE SERÍA O "FOGAR" DUN MONTÓN DE VERDURAS, FROITAS E HORTALIZAS, ADEMAIS DE PLANTAS E FLORES  QUE NÓS MESMOS IAMOS PLANTAR, REGAR E COIDAR CON MOITO AGARIMO.

COMEZAMOS COAS CEBOLAS,

 

CONTINUAMOS PLANTANDO LEITUGAS,

SABIADES QUE HAI LEITUGAS DE MOITAS CLASES? AS NOSAS CHÁMANSE "CATRO ESTACIÓNS"
 
PRONTO PODEREMOS DESFRUTAR DUNHAS ENSALADAS SABOROSAS DE VERDADE! 
 UNS DÍAS MÁIS TARDE FORON AS PLANTAS AROMÁTICAS AS QUE SE FIXERON UN PEQUENO OCO NO NOSO INVERNADOIRO,



 
O FIOLLO, O ANETO E O CECIMBRE XA ESTÁN A PERFUMALO!


AGORA É  ÉPOCA DE SEMENTAR AS PATACAS E AÍNDA QUE NON TEMOS MOITO SITIO, NUN RECUNCHO COLOCAMOS UN CALDEIRO TRANSPARENTE CON VARIAS PARA PODER VER MELLOR A SÚA EVOLUCIÓN.

  MENUDA COLLEITA IMOS TER!