TÓDOLOS ANOS PAPÁ NOEL PASA POLA NOSA ESCOLA O ÚLTIMO DÍA DE CLASE ANTES DAS VACACIÓNS DO NADAL SORPRENDÉNDONOS CUN PEQUENO AGASALLO (UN ADIANTO DO QUE LOGO NOS DEIXA NA NOSA CASA).
ESTE ANO NON ÍA SER MENOS, XA FACÍA UNS DÍAS QUE CONFIRMARA POR TELÉFONO QUE ÍA VIR E PASAMOS TODO O DÍA 19 PENDENTES DO TIMBRE E DAS VENTÁS POR SE VIAMOS O TRINEO E OS RENOS.
XA PENSABAMOS QUE TIVERA ALGÚN ATRANCO NO CAMIÑO PERO POR FIN, CANDO XA ESTABAMOS NO RECREO, APARECEU ANDANDO POR DIANTE DA CASA DA CULTURA.
VIÑA ALGO ARREFRIADO E APENAS PODÍA FALAR, PERO VEU CARGADIÑO DE AGASALLOS PARA TODOS E TODAS.
TROUXO TAMÉN UN SACO ENORME DE PIRULETAS PARA CANDO VOLTEMOS DAS VACACIÓNS!
CANTÁMOSLLE PANXOLIÑAS E LOGO PEDÍMOSLLE QUE POSARA CON NÓS NAS FOTOS.
A PAPÁ NOEL GÚSTALLE MOITO A NOSA ESCOLA E PROMETEU VOLTAR O ANO QUE VÉN!
GRACIÑAS PAPÁ NOEL! QUERÉMOSTE MOITO!
BOA VIAXE!