29 de diciembre de 2014

Decembro 2014: COUSAS DO NADAL

O MES DE DECEMBRO TEN UN ENCANTO ESPECIAL: ENTRE TÓDOLOS NENOS E NENAS COLABORAMOS PARA QUE A NOSA ESCOLA BRILLE DOUTRO XEITO NO NADAL. 
TRABALLAMOS ARREO ADORNANDO TODA A ESCOLA, INTENTAMOS UTILIZAR MATERIAIS DE REFUGALLO OU NATURAIS. 
ESTA FOI A ÁRBORE QUE FIXEMOS NA NOSA CLASE. 
                      
 
 QUEDOU "SUPERBONITA"!
 
TAMÉN AS POSTAIS PARA FELICITAR ÁS NOSAS FAMILIAS AS FIXEMOS DE PAPEL RECICLADO QUE ELABORAMOS NÓS MESMOS.



ESTE FOI O RESULTADO...


   AQUÍ ESTAMOS TÓDOLOS NENOS E NENAS DA ESCOLA, ARREDOR DA ÁRBORE NATURAL QUE TEMOS NA ENTRADA ADORNADA COAS  POSTAIS QUE FIXEMOS E BAIXO ESTA NEVE MÁXICA. 
QUE IMAXE TAN FERMOSA!
PERO, SEN DÚBIDA, A ACTIVIDADE MÁIS IMPORTANTE DESTE TRIMESTRE É O FESTIVAL DE NADAL QUE CELEBRAMOS NO SALÓN DE ACTOS DA CASA DA CULTURA. 
PREPARAMOS UN "CASTING" PARA ATOPAR OS REIS MAGOS "MÁIS RÁPIDOS, MÁIS BOS E MÁIS GUAPOS DO MUNDO MUNDIAL".

                         
  
                             
    
                              


                                    

TAMÉN TIVEMOS ACTUACIÓNS DOS NOSOS COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS DE TRES E CATRO ANOS. E NÓS MESMOS CANTAMOS PANXOLIÑAS.
    "Xa me tardan estes magos"
 
E CHEGOU A HORA DA SORPRESA FINAL, UN ESPECTACULAR FIN DE FESTA ONDE CANTAMOS E BAILAMOS TODOS XUNTOS A CANCIÓN "Que suenen los tambores". UNHA MENSAXE DE OPTIMISMO DE PARTE DE TÓDOLOS NENOS E NENAS DA ESCOLA E DE TODO O PROFESORADO: 
¡Que suenen, suenen, suenen los tambores!
¡Ay! ¡Que traigan alegría y se lleven los dolores!"
  



"...PARA QUE VENGAN TIEMPOS MEJORES!"


PODEDES VER O VÍDEO COMPLETO DO FESTIVAL NO NOSO CANAL DE YOUTUBE DENDE AQUÍ OU ACCEDENDO A TRAVÉS DA PÁXINA WEB DA ESCOLA.