30 de diciembre de 2014

Decembro 2014: CALENDARIO SOLIDARIO

ESTE CALENDARIO SOLIDARIO DO COLECTIVO PEDAGÓXICO "ESTIÑO" COMEZA A SÚA ANDAINA NO ANO 1980. A EDICIÓN DESTE ANO FAI O NÚMERO 36 E NELA PARTICIPAMOS 21 COLEXIOS. 
 XA VAI PARA TRES ANOS QUE NÓS COLABORAMOS  CUNHA PARTICIPACIÓN BASTANTE MODESTA PERO FEITA CON MOITA ILUSIÓN AO SABER QUE COA NOSA PEQUENA AXUDA CONTRIBUÍMOS PARA QUE OUTROS NENOS E NENAS PODAN ACCEDER Á EDUCACIÓN XA QUE A RECADACIÓN OBTIDA COA SÚA VENDA VAI DESTINADA A FINANCIAR PROXECTOS EDUCATIVOS EN NICARAGUA.
A TEMÁTICA DESTE ANO: AS ABELLAS

                                 

ESPERAMOS QUE VOS GUSTE!!!!
 

Decembro 2014: PAPÁ NOEL NA NOSA ESCOLA

TÓDOLOS ANOS PAPÁ NOEL PASA POLA NOSA ESCOLA O ÚLTIMO DÍA DE CLASE ANTES DAS VACACIÓNS DO NADAL SORPRENDÉNDONOS CUN PEQUENO AGASALLO (UN ADIANTO DO QUE LOGO NOS DEIXA NA NOSA CASA). 
 
ESTE ANO NON ÍA SER MENOS, XA FACÍA UNS DÍAS QUE CONFIRMARA POR TELÉFONO QUE ÍA VIR E PASAMOS TODO O DÍA 19 PENDENTES DO TIMBRE E DAS VENTÁS POR SE VIAMOS O TRINEO E OS RENOS.
XA PENSABAMOS QUE TIVERA ALGÚN ATRANCO NO CAMIÑO PERO POR FIN, CANDO XA ESTABAMOS NO RECREO, APARECEU ANDANDO POR DIANTE DA CASA DA CULTURA.
VIÑA ALGO ARREFRIADO E APENAS PODÍA FALAR, PERO VEU CARGADIÑO DE AGASALLOS PARA TODOS E TODAS.
TROUXO TAMÉN UN SACO ENORME DE PIRULETAS PARA CANDO VOLTEMOS DAS VACACIÓNS!
 
CANTÁMOSLLE PANXOLIÑAS E LOGO PEDÍMOSLLE QUE POSARA CON NÓS NAS FOTOS.
 
 
A PAPÁ NOEL GÚSTALLE MOITO A NOSA ESCOLA E PROMETEU VOLTAR O ANO QUE VÉN!

GRACIÑAS PAPÁ NOEL! QUERÉMOSTE MOITO! 
BOA VIAXE!
 
                                                  




Decembro 2014: NOELIA, MESTRA E AMIGA

FAI ALGO MÁIS DUN MES, CHEGOU Á NOSA ESCOLA NOELIA. ELA CONTOUNOS UNHA BONITA HISTORIA: 
NOELIA, CANDO TIÑA A NOSA IDADE, VEU A ESTA ESCOLA, ESTUVO NESTA MESMA AULA E TAMÉN MARICARMEN FOI A SÚA PRIMEIRA MESTRA. LEMBRABA CON MOITO CARIÑO OS ANOS QUE PASOU AQUÍ!
 (NESTAS FOTOS ESTÁ NOELIA COS SEUS COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS DE PROMOCIÓN )
 

                                

NOELIA FOI MEDRANDO E SEGUIU ESTUDANDO MOITO MOITO. CANDO SE FIXO UN POUCO MAIOR DECIDIU QUE QUERÍA SER MESTRA E IMAXINOU QUE O MELLOR LUGAR PARA A SÚA PRIMEIRA EXPERIENCIA NO ENSINO ERA A SÚA PRIMEIRA ESCOLA. 
E AQUÍ PASOU ESTAS SEMANAS COMPARTINDO CON NÓS MOITOS E MOI BOS MOMENTOS!
 

 


 

 

ELA APRENDEU CON NÓS, 
NÓS APRENDEMOS CON ELA!
 MOITAS GRAZAS NOELIA, 
POR SER A NOSA AMIGA E A NOSA MESTRA!
A NOSA ESCOLA SEMPRE SERÁ A TÚA ESCOLA!

29 de diciembre de 2014

Decembro 2014: COUSAS DO NADAL

O MES DE DECEMBRO TEN UN ENCANTO ESPECIAL: ENTRE TÓDOLOS NENOS E NENAS COLABORAMOS PARA QUE A NOSA ESCOLA BRILLE DOUTRO XEITO NO NADAL. 
TRABALLAMOS ARREO ADORNANDO TODA A ESCOLA, INTENTAMOS UTILIZAR MATERIAIS DE REFUGALLO OU NATURAIS. 
ESTA FOI A ÁRBORE QUE FIXEMOS NA NOSA CLASE. 
                      
 
 QUEDOU "SUPERBONITA"!
 
TAMÉN AS POSTAIS PARA FELICITAR ÁS NOSAS FAMILIAS AS FIXEMOS DE PAPEL RECICLADO QUE ELABORAMOS NÓS MESMOS.



ESTE FOI O RESULTADO...


   AQUÍ ESTAMOS TÓDOLOS NENOS E NENAS DA ESCOLA, ARREDOR DA ÁRBORE NATURAL QUE TEMOS NA ENTRADA ADORNADA COAS  POSTAIS QUE FIXEMOS E BAIXO ESTA NEVE MÁXICA. 
QUE IMAXE TAN FERMOSA!
PERO, SEN DÚBIDA, A ACTIVIDADE MÁIS IMPORTANTE DESTE TRIMESTRE É O FESTIVAL DE NADAL QUE CELEBRAMOS NO SALÓN DE ACTOS DA CASA DA CULTURA. 
PREPARAMOS UN "CASTING" PARA ATOPAR OS REIS MAGOS "MÁIS RÁPIDOS, MÁIS BOS E MÁIS GUAPOS DO MUNDO MUNDIAL".

                         
  
                             
    
                              


                                    

TAMÉN TIVEMOS ACTUACIÓNS DOS NOSOS COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS DE TRES E CATRO ANOS. E NÓS MESMOS CANTAMOS PANXOLIÑAS.
    "Xa me tardan estes magos"
 
E CHEGOU A HORA DA SORPRESA FINAL, UN ESPECTACULAR FIN DE FESTA ONDE CANTAMOS E BAILAMOS TODOS XUNTOS A CANCIÓN "Que suenen los tambores". UNHA MENSAXE DE OPTIMISMO DE PARTE DE TÓDOLOS NENOS E NENAS DA ESCOLA E DE TODO O PROFESORADO: 
¡Que suenen, suenen, suenen los tambores!
¡Ay! ¡Que traigan alegría y se lleven los dolores!"
  



"...PARA QUE VENGAN TIEMPOS MEJORES!"


PODEDES VER O VÍDEO COMPLETO DO FESTIVAL NO NOSO CANAL DE YOUTUBE DENDE AQUÍ OU ACCEDENDO A TRAVÉS DA PÁXINA WEB DA ESCOLA.

 

4 de diciembre de 2014

Decembro 2014: O DESEXO DO GATO KLOPS

FAI ALGO MÁIS DE DOUS MESES QUE ESTEFANÍA PADULLÉS PRESENTABA NO CENTRO SOCIO-CULTURAL DE PARADELA O SEU LIBRO "O desexo do gato Klops" ADICÁNDONOS UN EXEMPLAR AOS NENOS E NENAS DA NOSA ESCOLA ONDE ESCRIBÍA ADEMAIS: "Puedo prometer y prometo asistir y contarles este cuento en vivo y en directo" 
 
POIS CUMPRIU A SÚA PROMESA!!!!!!!!!!!!!!!!!

 UN CONTO QUE NOS FALA DO PROCESO DE APRENDIZAXE NECESARIO PARA RECOÑECER QUE SOMOS VALIOSOS E DIGNOS DE SER QUERIDOS MALIA NON SER PERFECTOS, A TRAVÉS DO SEU PROTAGONISTA: O GATO KLOPS.
   
QUE LUXO PODER ESCOITAR COA VOZ DA PROPIA ESCRITORA ESTE CONTO TAN BONITO E VER TAN DE CERCA A ILUSTRADORA, QUE DEBUXOS TAN MARABILLOSOS!
ESTEFANÍA XA É UNHA GRAN AMIGA DA NOSA ESCOLA, ESPERAMOS VOLVER A VELA PRONTO POR AQUÍ E... QUEN SABE, Ó MELLOR TRAE OUTRO CONTO.
 
ESTEFANÍA, ESPERÁMOSTE IMPACIENTES!!!