31 de mayo de 2014

Maio 2014: MONICREQUES "CARAPORQUIÑA VERMELLA"

O DÍA 30 DESTE MES ESTIVERON NA ESCOLA XAN E OS SEUS MONICREQUES COA REPRESENTACIÓN DA OBRA "CARAPORQUIÑA VERMELLA".
 AO MESMO TEMPO QUE NOS DIVERTIMOS TAMÉN APRENDEMOS UN MONTÓN DE COUSAS SOBRE A IMPORTANCIA DE COIDAR A NATUREZA, DO RESPECTO AOS ANIMAIS, DO VALOR DA AMIZADE, DO AMOR ÓS NOSOS MAIORES OU DA NOSA CULTURA.
 ESTES SON ALGÚNS DOS PERSONAXES DA REPRESENTACIÓN
 

ESTE É XAN






ESTE É FOX, O RAPOSO






ESTA É CARAPORQUIÑA




PODEDES ATOPAR UN PEQUENO RESUMO DA REPRESENTACIÓN NUN VÍDEO NA PÁXINA PRINCIPAL DA WEB DA ESCOLA OU NO NOSO CANAL DE YOUTUBE:

ESPERAMOS QUE O DESFRUTEDES TANTO COMA NÓS!

18 de mayo de 2014

MAIO 2014: LETRAS GALEGAS, XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO

ESTE ANO AS LETRAS GALEGAS HOMENAXEAN Ó POETA XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO COINCIDINDO CO CENTENARIO DO SEU NACEMENTO.
 A VÉSPERA DO DÍA DAS NOSAS LETRAS ESTIVEMOS VENDO UN VÍDEO SOBRE A VIDA E OBRA DESTE ESCRITOR E APROVEITAMOS PARA COMER UNS FLOCOS DE MILLO, MESMAMENTE COMA SE ESTIVERAMOS NO CINE...



 

  








TAMÉN ILUSTRAMOS UNHA DAS SÚAS POESÍAS MÁIS BONITAS DO SEU LIBRO "NIMBOS"

ESMERALDA
"HERBA PEQUERRECHIÑA
QUE CON MEDO SURRÍS
Ó SOL QUE VAI NACENDO
E MORRENDO SIN TI,
POR QUE DE SER
PEQUENA
TE ME AVERGONZAS TI?
O UNIVERSO SERÍA
MÁIS PEQUENO SIN TI".
 

 
 HERBAS "PEQUERRECHIÑAS" COMA NÓS, QUE COMA NÓS FAN QUE O UNIVERSO SEXA MAIOR...
E MELLOR.
FELICES LETRAS GALEGAS!!!

15 de mayo de 2014

Maio 2014: AVENTURA NA NATUREZA, PARQUE ZOOLÓXICO DE MARCELLE

DESPOIS DE TEMPO ESPERANDO, CHEGOU O DÍA DA VISITA Ó PARQUE ZOOLÓXICO DE "MARCELLE NATUREZA" EN OUTEIRO DE REI.
A EMOCIÓN DE VIAXAR CON TÓDOLOS NENOS E NENAS DA ESCOLA E PASAR TODO O DÍA XUNTOS CASE NON NOS DEIXOU DURMIR! ENGANDINDO ADEMAIS A ILUSIÓN QUE NOS FAI PODER VER  ANIMAIS EN SEMILIBERDADE TAN PRETIÑO DE NÓS.
SAÍMOS EN DOUS AUTOBUSES CARA O PARQUE. DESPOIS DUNHA VIAXE DUNS 45 MINUTOS CHEGAMOS A MARCELLE E ... 
EMPEZA A AVENTURA!
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
  
 COMEZAMOS O PERCORRIDO POLO PARQUE,
PRIMEIRO OS DROMEDARIOS.
 
 SEGUIMOS VENDO TODO TIPO DE ANIMAIS: CEBRAS, BISONTES, CAPUCHINOS, AVESTRUCES, GACELAS, LOBOS, TARTARUGAS...
OBSERVAMOS ÁS IGUANAS E Á SERPE PITÓN DUNHA COR MOI MOI VERDE!
   
E COINCIDIMOS COA HORA DO BAÑO DOS OSOS, MIRA QUE CHE SON BEN REXOUBEIROS!
   
VIMOS OUTROS ANIMAIS DOS QUE XA NON LEMBRAMOS O NOME...
 E SEN DARNOS CONTA CHEGA A HORA DO XANTAR...















...E DE XOGAR UN POUCO NO PARQUE INFANTIL.

LOGO, XA POLA TARDE, PARTICIPAMOS NUN PEQUENO OBRADOIRO DE PINTURA E VEMOS UNHA OBRIÑA DE TEATRO ONDE OS PROTAGONISTAS SON ANIMAIS DO PARQUE. 
QUE RÁPIDO PASA O TEMPO! 
XA É HORA DE IRSE E ESTAMOS UN POUCO TRISTES...
 
 
DESPEDÍMONOS DE MARCELLE COA IDEA DE VOLTAR PRONTO!
HOXE DESFRUTAMOS DA NATUREZA XUNTOS E APRENDEMOS A COIDALA UN POUQUIÑO MÁIS.
  SÓ POR ESA RAZÓN XA VALEU A PENA!
 



1 de mayo de 2014

Abril 2014: "PANADEIROS E PANADEIRAS POR UN DÍA"

HOXE ÍMOSVOS CONTAR O DIVERTIDA QUE FOI A VISITA QUE FIXEMOS Á PANADERÍA PALLARES.
RECIBIUNOS JAVIER XUNTO CO PASTOR, O BURRIÑO DA PANADERÍA (QUE DÍN QUE FALA COS PEREGRINOS QUE SE DIRIXEN A SANTIAGO DE COMPOSTELA).
ENTRAMOS Ó INTERIOR DA PANADERÍA ONDE SE FAI O PAN, AS EMPANADAS E TODO TIPO DE DÓCES. QUE ARRECENDO!
JAVIER EXPLICOUNOS, DE XEITO SINXELO, O PROCESO DO PAN DENDE QUE SE SEMENTAN OS GRANS DE TRIGO NA TERRA ATA QUE ESTÁ O BOLO LISTO PARA O "BOCATA".
LOGO FOMOS NÓS OS QUE AMASAMOS O NOSO PROPIO PAN, IGUALIÑO QUE XOGAR COA PLASTILINA!

 
 FIXEMOS BARRAS, BOLIÑOS, ROSCAS E ALGÚN ATA SE AVENTUROU FACENDO UNHA TRENZA OU UN CARACOL. 
 
 MENTRAS SE COCÍAN AS NOSAS "OBRAS DE ARTE" NO FORNO, FIXEMOS UN PEQUENO PERCORRIDO POLAS INSTALACIÓNS VENDO AS DISTINTAS MÁQUINAS QUE UTILIZAN (AMASADORA, FORNOS, ...).
 
 
 LOLI E CRISTINA TAMÉN NOS ENSINARON AS CLASES DE EMPANADAS QUE SE FAN E DESCUBRIMOS O QUE É UN "BOLO PREÑADO".
NON NOS PERDEMOS A VISITA Ó MUSEO DA PANADERÍA ONDE PUIDEMOS VER UN MONTÓN DE OBXECTOS ANTIGOS QUE NOS DEIXARON ENFEITIZADOS.
 COMO FINAL DA ACTIVIDADE AÍNDA NOS AGARDABA UNHA GRATA SORPRESA, UNHA MESA DISPOSTA CON BEBIDAS E DÓCES DOS QUE SE PREPARAN ALÍ. QUE DELICIOSO ESTABA TODO!
 
CHEGOU A HORA DE SACAR O NOSO PAN DO FORNO. QUE ILUSIÓN NOS FIXO!
 TAMÉN NOS ENTREGARON A CADA UN DE NÓS UN DIPLOMA QUE NOS ACREDITA COMO "MESTRES PANADEIROS".
 DESPEDÍMONOS CON CERTA TRISTEZA. PASÁMOLO TAN BEN E APRENDEMOS TANTAS COUSAS QUE PASOU A MAÑÁ NUN TRIS E XA ERA HORA DE VOLVER PARA A ESCOLA!
A JAVIER E A TODO O PERSONAL DA PANADERÍA PALLARES POLA SÚA PACIENCIA E O SEU BO FACER! 
GRACIÑAS!!!!!!