25 de abril de 2014

Abril 2014: DÍA DO LIBRO

DENDE O ANO 1996, VÉNSE CELEBRANDO "O DÍA DO LIBRO" O 23 DE ABRIL, COINCIDINDO CO ANIVERSARIO DA MORTE DE DOUS ESCRITORES UNIVERSAIS: MIGUEL DE CERVANTES E WILLIAM SHAKESPEARE.
NÓS FESTEXAMOS ESTE DÍA DUN XEITO ESPECIAL, VISITAMOS A BIBLIOTECA MUNICIPAL DE SARRIA, QUE CONTA CON MÁIS DE 10.000 EXEMPLARES.
ESTIVEMOS UN RATIÑO NA SECCIÓN DE LITERATURA INFANTIL, ONDE ESTHER, A BIBLIOTECARIA NOS DEIXOU   ESCOLLER NAS ESTANTERÍAS OS CONTOS QUE MÁIS NOS GUSTABAN.
"Non hai espectáculo máis fermoso que a mirada dun neno que está lendo"
DESPOIS DE GOZAR ALÍ COA LECTURA, DECIDIMOS TRAER PARA A NOSA ESCOLA VARIOS CONTOS E PELÍCULAS EN PRÉSTAMO, QUE IREMOS CAMBIANDO POR OUTROS Ó LONGO DO CURSO.
 ESTHER TAMÉN NOS CONTOU QUE SE VAMOS ACOMPAÑADOS DUN ADULTO PODEMOS FACER O NOSO PROPIO "CARNÉ DA BIBLIOTECA" DE XEITO TOTALMENTE GRATUITO E PODER DESFRUTAR NA CASA DE TÓDOLOS LIBROS E PELÍCULAS QUE QUEIRAMOS.
QUE ILUSIÓN NOS FAI!
"Un libro aberto é un cerebro que fala,
un libro pechado é un amigo que espera,
un libro olvidado, un espíritu que perdoa,
un libro destruído, un corazón que chora" 









23 de abril de 2014

22 de abril 2014: DÍA DA TERRA

 HOXE CELÉBRASE EN TODO O MUNDO "O DÍA DA TERRA", LEMBRÁNDONOS A IMPORTANCIA DE COIDAR E PROTEXER O PLANETA ONDE VIVIMOS. 
 



AQUÍ TEDES DOUS ENLACES  A VÍDEOS SOBRE O TEMA QUE NOS GUSTARON MOITO:




NON SÓ UN DÍA, QUE SEXA TODO O ANO...

 COIDEMOS A TERRA PARA QUE ELA PODA SEGUIR COIDANDO DE NÓS!







14 de abril de 2014

Abril 2014: AGASALLOS DO CONCURSO "Debuxando amorciño polo río"

ESTES DÍAS RECIBIMOS A VISITA DE DÚAS AMIGAS MOI ESPECIAIS, NIEVES E ROSI, QUE NOS TROUXERON UNS DIPLOMAS E UN MALETÍN CHEO DE PLASTILINA DE MOITAS CORES POLA NOSA PARTICIPACIÓN NO CONCURSO "DEBUXANDO AMORCIÑO POLO RÍO".


TAMÉN NOS CONTARON UN CONTO MOI DIVERTIDO DE DOUS AMIGUIÑOS, PIN E PON, QUE NOS GUSTOU MOITO.
ANTES DE MARCHAR POSARON CON NÓS PARA A FOTO. 
GRACIÑAS, NIEVES E ROSI: POLOS AGASALLOS, POLO CONTO, POR TODO!
 

12 de abril de 2014

Abril 2014: HENRI MATISSE, AS CORES DA PRIMAVERA

DENDE QUE EMPEZOU O CURSO ESTIVEMOS A TRABALLAR NO PROXECTO SOBRE HENRI MATISSE CO PROFE IVÁN. 
PARTE DO TRABALLO XA O LEVAMOS PARA CASA NUN CADERNO QUE ELABORAMOS SOBRE A VIDA E OBRA DESTE XENIAL PINTOR.
LOGO INTENTAMOS SER CADA UN DE NÓS COMO MATISSE. O CADRO QUE ESCOLLEMOS NA CLASE DE CATRO ANOS FOI O TITULADO "La danza" E A VERDADE É QUE O RESULTADO FOI IMPRESIONANTE.






FAI UNS DÍAS, COINCIDINDO CO INICIO DA PRIMAVERA, O PATIO DA ESCOLA CONVERTEUSE NUNHA EXPLOSIÓN DE LUZ E COR COAS NOSAS OBRAS SOBRE MATISSE, UN DOS MELLORES ARTISTAS DO SÉCULO PASADO.
SE QUEREDES COÑECER UN POUQUIÑO MÁIS A FONDO O NOSO PROXECTO PODÉDELO VER NUN VÍDEO NO SEGUINTE ENLACE NO NOSO CANAL DE YOUTUBE:  http://youtu.be/gfhvmouV_34
OU NA PÁXINA PRINCIPAL DA PÁXINA WEB DA ESCOLA.