CONTINUANDO COAS ACTIVIDADES DO OUTONO, HOXE TIVEMOS A OPORTUNIDADE DE VISITAR A EXPOSICIÓN DE COGOMELOS QUE HABÍA NA CASA DA CULTURA.
HABÍA COGOMELOS DE TÓDOLOS XEITOS: COMESTIBLES COMO OS "CERROTES", OS "NÍSCALOS" OU OS "BOLETOS".
VELENOSOS COMO A "AMANITA MUSCARIA", PARA NÓS "A CASIÑA DOS ANANIÑOS" DOS CONTOS.
E DESCUBRIMOS OUTROS QUE NON COÑECIAMOS.
TAMÉN APRENDEMOS QUE UNHA DAS NORMAS IMPORTANTES Á HORA DE RECOLLER COGOMELOS NO BOSQUE É QUE NON SE DEBEN ARRINCAR, SÓ CORTALOS, DEIXANDO A BASE NA TERRA PARA QUE O ANO SEGUINTE VOLVAN AGROMAR.
FOI UNHA VISITA BEN INTERESANTE!