30 de noviembre de 2013

Novembro 2013: PLANTACIÓN DE TULIPÁNS

COMO TÓDOLOS ANOS, POR ESTAS DATAS, TOCA PLANTAR OS BULBOS NO NOSO XARDÍN. 

ÓS NENOS E NENAS DE CATRO ANOS TOCOUNOS POÑER OS TULIPÁNS BRANCOS E VERMELLOS.
 
COLOCÁMOLOS CON MOITO XEITO E LOGO TAPAMOS CON TERRA.
PERO NON SERÁ ATA A PRIMAVERA QUE VEREMOS OS RESULTADOS. ASÍ QUE MOITA PACIENCIA E A ESPERAR. 





25 de noviembre de 2013

Novembro 2013: CARTA PARA O NOSO AMIGO BREOGÁN

REMATADA A CARTA PARA BREOGÁN, ESCRIBIMOS PARTE DA DIRECCIÓN E O REMITE, PUXEMOS O SELO E XA SÓ QUEDABA BOTALA NO BUZÓN.  

TODOS E TODAS QUERIAMOS LEVALA PERO TOCOULLE A GAEL E Á SÚA MAMÁ.
ESPERAMOS QUE BREOGÁN SE POÑA MOI CONTENTO Ó RECIBILA E ASÍ VERÁ QUE BONITO TEMOS O COLE NESTE OUTONO.
QUERIDO BREO, UNHA APERTA DE TÓDOLOS NENOS E NENAS DE SARRIA E DA PROFE!



24 de noviembre de 2013

Novembro 2013: O RATIÑO PÉREZ

UNHA DAS ÚLTIMAS ACTIVIDADES DO OUTONO FOI ELABORAR UNS RATIÑOS A PARTIR DAS CASCAS DAS NOCES. APROVEITAMOS PARA QUE A PROFE NOS CONTARA A HISTORIA DO RATIÑO PÉREZ. 
COMO NOS GUSTOU!


CASE ESTAMOS DESEXANDO QUE NOS EMPECEN A CAER DENTES!
TAMÉN ESTIVEMOS VENDO UNHA CANCIÓN MOI DIVERTIDA DESTE RATIÑO, DO GRUPO ENCANTO. AQUÍ TEMOS O ENLACE:http://youtu.be/FpkzUchTHnU


20 de noviembre de 2013

20 de NOVEMBRO: DÍA UNIVERSAL DA INFANCIA

HOXE TOCA POÑERSE SERIOS, CELÉBRASE UN DÍA MOI IMPORTANTE PARA NÓS E PARA TÓDOLOS NENOS E NENAS DO MUNDO.
 
En 1954, a Asemblea das Nacións Unidas recomendou que se establecera en tódolos paises un DÍA UNIVERSAL DO NENO E A NENA. A ONU celebra ese día o 20 de novembro, en conmemoración da aprobación da DECLARACIÓN DOS DEREITOS DO NENO no ano 1959 e da CONVENCIÓN SOBRE OS DEREITOS DO NENO en 1989. Neste enlace poderedes atopar o resumo dos dereitos dos nenos e nenas.

Atopamos na Web esta canción que nos lembra cales son algúns dos nosos dereitos: http://youtu.be/NsePVv22mNk

AÍNDA A DÍA DE HOXE, MOITOS NENOS E NENAS NON GOZAN DESTES DEREITOS. 
NAS MANS DOS ADULTOS ESTÁ!



18 de noviembre de 2013

Novembro 2013: EXPOSICIÓN DE COGOMELOS

CONTINUANDO COAS ACTIVIDADES DO OUTONO, HOXE TIVEMOS A OPORTUNIDADE DE VISITAR A EXPOSICIÓN DE COGOMELOS QUE HABÍA NA CASA DA CULTURA.
 HABÍA COGOMELOS DE TÓDOLOS XEITOS: COMESTIBLES COMO OS "CERROTES", OS "NÍSCALOS" OU OS "BOLETOS". 
 VELENOSOS COMO A "AMANITA MUSCARIA", PARA NÓS "A CASIÑA DOS ANANIÑOS" DOS CONTOS.
 E DESCUBRIMOS OUTROS QUE NON COÑECIAMOS.
TAMÉN APRENDEMOS QUE UNHA DAS NORMAS IMPORTANTES Á HORA DE RECOLLER COGOMELOS NO BOSQUE É QUE NON SE DEBEN ARRINCAR, SÓ CORTALOS, DEIXANDO A BASE NA TERRA PARA QUE  O ANO SEGUINTE VOLVAN  AGROMAR.
FOI UNHA VISITA BEN INTERESANTE!
 

 

16 de noviembre de 2013

Novembro 2013. OBRADOIRO DE COCIÑA: MARMELADA DE LARANXA

UNHA DAS FROITAS ESTRELA DO OUTONO É A LARANXA, POR ESA RAZÓN A ESCOLLEMOS PARA ELABORAR ENTRE TÓDOLOS NENOS E NENAS DO COLE  UNHA MARMELADA.
O PRIMEIRO PASO FOI LAVAR AS MANS (A HIXIENE É MOI MOI IMPORTANTE).
O PROCESO EMPEZOU PELANDO AS LARANXAS COA AXUDA DO/DAS PROFES.
                                     PRIMEIRO A PEL DE FÓRA, E LOGO A PEL BRANCA.                        
 








 AGORA TROCEAMOS,

LOGO BOTAMOS TÓDOLOS INGREDIENTES NA POTA:
AS LARANXAS, 
 O AZÚCRE,

E O ZUME DE LIMÓN.
 TOCA ESPERAR...
MENTRAS, APROVEITAMOS PARA ESCRIBIR A NOSA RECEITA DA MARMELADA DE LARANXA E O NOME NAS ETIQUETAS. 
E AQUÍ ESTÁ O RESULTADO: A MARMELADA LISTA E ENVASADA PARA LEVAR PARA A CASA.

AÍNDA NON A PROBAMOS PERO SÓ CO ASPECTO... PROMETE ESTAR "RICA, RICA"!


11 de noviembre de 2013

Novembro 2013: CARTA DE BREOGÁN DENDE LA ALMUNIA


HOXE RECIBIMOS UNHA CARTA E UNHA POSTAL DO NOSO COMPAÑEIRO E AMIGO BREOGÁN, DENDE ESE POBO, NA PROVINCIA DE ZARAGOZA, QUE NOS PARECE QUE ESTÁ TAN LONXE...
PERO CON ESTA CARTA E ESTA POSTAL PARECE QUE ESTAMOS MOITO MÁIS CERCA DEL.
BOTÁMOLO DE MENOS!


NOS PRÓXIMOS DÍAS ENVIARÉMOSLLE NÓS A CONTESTACIÓN (ESTÁMONOS AFICIONANDO A ESTO DE ESCRIBIR CARTAS)  E MENTRAS TANTO...


9 de noviembre de 2013

Novembro 2013: O MAGOSTO

UNHA DAS FESTAS MÁIS TRADICIONAIS NA NOSA ESCOLA É O MAGOSTO.
COMO XA SABEDES, A SEMANA PASADA ESTIVEMOS RECOLLENDO CASTAÑAS NO SOUTO DE LOUSEIRO.
HOXE CHEGOU O DÍA DE ASALAS NO TAMBOR. ESTE FOI UN TRABALLO PARA O/AS PROFES, XA QUE É UN POUCO PERIGOSO PARA NÓS (O DE ACHEGARSE Ó LUME), PERO ESTIVEMOS OBSERVANDO TODO O PROCESO.
MENTRAS ACABARON DE ASARSE, NÓS ESTIVEMOS A XOGAR A ENCESTAR CASTAÑAS NUN RECIPIENTE MOI DIVERTIDO, A NOSA TARTARUGA.
AGORA SI! XA ESTÁN LISTAS!
Entre o biscoito, o zume e as castañas asadas, que merenda nos papamos!
E aínda nos quedaron dúas ou tres castañas para levar no noso cesto e invitar a papá e mamá...

FOI UN DÍA PERFECTO!