21 de diciembre de 2013

Decembro 2013: ...E CHEGOU PAPÁ NOEL!

A VISITA MÁIS ESPERADA DE TODO O ANO! 
CHEGOU PAPÁ NOEL!
E PARA MÁIS SORPRESA, ESTA VEZ ENTROU POR UNHA VENTÁ CO SACO CHEO, BAILANDO E CANTANDO UNHA PANXOLIÑA! 
DESPOIS DE TANTO ESFORZO, TIVO QUE SENTARSE PARA DARNOS UNS "CONSELLIÑOS", E LOGO UNS AGASALLOS  PARA TÓDOLOS NENOS E NENAS DA ESCOLA.
TODOS ESTABAMOS MOI CONTENTOS DE VER TAN PRETO A PAPÁ NOEL,  ALGÚN UN POUQUIÑO ASUSTADO, PERO COMO DIXO UN COMPAÑEIRO "As bágoas tamén poden ser de alegría...", E HOXE ERA UN DÍA PARA SER FELIZ!

MOITAS GRAZAS PAPÁ NOEL POR VIR, SÓ CON VER O SORRISO DESTES NENOS E NENAS PAGA A PENA!
ATA O ANO QUE VÉN, NON FALTES!
 

20 de diciembre de 2013

Decembro 2013: BONECO DE NEVE

CHEGOU UN DOS DÍAS MÁIS ESPERADOS NESTE NADAL. FOI A PRIMEIRA VEZ QUE TIVEMOS UN FESTIVAL POR ESTAS DATAS NA CASA DA CULTURA. NÓS INTERPRETAMOS UNHA PANXOLIÑA SOBRE UN BONECO DE NEVE, ESPERAMOS QUE VOS GUSTARA TANTO COMO A NÓS.



PODEDES VER O VÍDEO DO FESTIVAL DE NADAL 2013  NO SEGUINTE ENLACE: http://youtu.be/ZY043kBPIb0

(a nosa actuación a partir do minuto 11:30)






19 de diciembre de 2013

Decembro 2013: Adornos de Nadal

COMO XA SABEDES, ESTAMOS MOI CONCIENCIADOS COA NECESIDADE DE REDUCIR, REUTILIZAR E RECICLAR (OS TRES R). ENTÓN, SEGUINDO NESA LIÑA, DESPOIS DE FACER AS POSTAIS CON PAPEL RECICLADO E ROLOS DE PAPEL HIXIÉNICO, UTILIZAMOS O MESMO MATERIAL PARA CONFECCIONAR OS ADORNOS DE NADAL: PINGÜÍNS E ESQUIMÓS PARA A PAISAXE DE INVERNO...
 














  
 
 







...E UN MONTÓN DE BOLAS E ESTRELAS PARA A CLASE!
 TAMÉN PINTAMOS E DECORAMOS UN ENORME ABETO QUE NOS QUEDOU DO MÁIS XEITOSO.





Decembro 2013: O PAPEL RECICLADO


NESTE MES DE DECEMBRO TIVEMOS A "AXENDA" MOI MOI OCUPADA! 
ADICAMOS VARIOS DÍAS Á ELABORACIÓN DO PAPEL RECICLADO.
COMO SOMOS "UN POUCO MAIORES" XA COÑECEMOS O PROCESO DENDE O CURSO PASADO.
O PRIMEIRO PASO FOI CORTAR PAPEIS QUE XA NON NOS SERVÍAN.
 LOGO ENGADIMOS AUGA,
BATEMOS,








 COLOCAMOS NO BASTIDOR,









SECAMOS UN POUCO,
E DESPOIS DUNS DÍAS, AQUÍ TEDES O RESULTADO! 
QUE POSTAIS TAN VISTOSAS CO NOSO PAPEL RECICLADO E COS ROLOS DO PAPEL HIXIÉNICO PINTADOS!
 

30 de noviembre de 2013

Novembro 2013: PLANTACIÓN DE TULIPÁNS

COMO TÓDOLOS ANOS, POR ESTAS DATAS, TOCA PLANTAR OS BULBOS NO NOSO XARDÍN. 

ÓS NENOS E NENAS DE CATRO ANOS TOCOUNOS POÑER OS TULIPÁNS BRANCOS E VERMELLOS.
 
COLOCÁMOLOS CON MOITO XEITO E LOGO TAPAMOS CON TERRA.
PERO NON SERÁ ATA A PRIMAVERA QUE VEREMOS OS RESULTADOS. ASÍ QUE MOITA PACIENCIA E A ESPERAR. 





25 de noviembre de 2013

Novembro 2013: CARTA PARA O NOSO AMIGO BREOGÁN

REMATADA A CARTA PARA BREOGÁN, ESCRIBIMOS PARTE DA DIRECCIÓN E O REMITE, PUXEMOS O SELO E XA SÓ QUEDABA BOTALA NO BUZÓN.  

TODOS E TODAS QUERIAMOS LEVALA PERO TOCOULLE A GAEL E Á SÚA MAMÁ.
ESPERAMOS QUE BREOGÁN SE POÑA MOI CONTENTO Ó RECIBILA E ASÍ VERÁ QUE BONITO TEMOS O COLE NESTE OUTONO.
QUERIDO BREO, UNHA APERTA DE TÓDOLOS NENOS E NENAS DE SARRIA E DA PROFE!



24 de noviembre de 2013

Novembro 2013: O RATIÑO PÉREZ

UNHA DAS ÚLTIMAS ACTIVIDADES DO OUTONO FOI ELABORAR UNS RATIÑOS A PARTIR DAS CASCAS DAS NOCES. APROVEITAMOS PARA QUE A PROFE NOS CONTARA A HISTORIA DO RATIÑO PÉREZ. 
COMO NOS GUSTOU!


CASE ESTAMOS DESEXANDO QUE NOS EMPECEN A CAER DENTES!
TAMÉN ESTIVEMOS VENDO UNHA CANCIÓN MOI DIVERTIDA DESTE RATIÑO, DO GRUPO ENCANTO. AQUÍ TEMOS O ENLACE:http://youtu.be/FpkzUchTHnU


20 de noviembre de 2013

20 de NOVEMBRO: DÍA UNIVERSAL DA INFANCIA

HOXE TOCA POÑERSE SERIOS, CELÉBRASE UN DÍA MOI IMPORTANTE PARA NÓS E PARA TÓDOLOS NENOS E NENAS DO MUNDO.
 
En 1954, a Asemblea das Nacións Unidas recomendou que se establecera en tódolos paises un DÍA UNIVERSAL DO NENO E A NENA. A ONU celebra ese día o 20 de novembro, en conmemoración da aprobación da DECLARACIÓN DOS DEREITOS DO NENO no ano 1959 e da CONVENCIÓN SOBRE OS DEREITOS DO NENO en 1989. Neste enlace poderedes atopar o resumo dos dereitos dos nenos e nenas.

Atopamos na Web esta canción que nos lembra cales son algúns dos nosos dereitos: http://youtu.be/NsePVv22mNk

AÍNDA A DÍA DE HOXE, MOITOS NENOS E NENAS NON GOZAN DESTES DEREITOS. 
NAS MANS DOS ADULTOS ESTÁ!



18 de noviembre de 2013

Novembro 2013: EXPOSICIÓN DE COGOMELOS

CONTINUANDO COAS ACTIVIDADES DO OUTONO, HOXE TIVEMOS A OPORTUNIDADE DE VISITAR A EXPOSICIÓN DE COGOMELOS QUE HABÍA NA CASA DA CULTURA.
 HABÍA COGOMELOS DE TÓDOLOS XEITOS: COMESTIBLES COMO OS "CERROTES", OS "NÍSCALOS" OU OS "BOLETOS". 
 VELENOSOS COMO A "AMANITA MUSCARIA", PARA NÓS "A CASIÑA DOS ANANIÑOS" DOS CONTOS.
 E DESCUBRIMOS OUTROS QUE NON COÑECIAMOS.
TAMÉN APRENDEMOS QUE UNHA DAS NORMAS IMPORTANTES Á HORA DE RECOLLER COGOMELOS NO BOSQUE É QUE NON SE DEBEN ARRINCAR, SÓ CORTALOS, DEIXANDO A BASE NA TERRA PARA QUE  O ANO SEGUINTE VOLVAN  AGROMAR.
FOI UNHA VISITA BEN INTERESANTE!
 

 

16 de noviembre de 2013

Novembro 2013. OBRADOIRO DE COCIÑA: MARMELADA DE LARANXA

UNHA DAS FROITAS ESTRELA DO OUTONO É A LARANXA, POR ESA RAZÓN A ESCOLLEMOS PARA ELABORAR ENTRE TÓDOLOS NENOS E NENAS DO COLE  UNHA MARMELADA.
O PRIMEIRO PASO FOI LAVAR AS MANS (A HIXIENE É MOI MOI IMPORTANTE).
O PROCESO EMPEZOU PELANDO AS LARANXAS COA AXUDA DO/DAS PROFES.
                                     PRIMEIRO A PEL DE FÓRA, E LOGO A PEL BRANCA.                        
 








 AGORA TROCEAMOS,

LOGO BOTAMOS TÓDOLOS INGREDIENTES NA POTA:
AS LARANXAS, 
 O AZÚCRE,

E O ZUME DE LIMÓN.
 TOCA ESPERAR...
MENTRAS, APROVEITAMOS PARA ESCRIBIR A NOSA RECEITA DA MARMELADA DE LARANXA E O NOME NAS ETIQUETAS. 
E AQUÍ ESTÁ O RESULTADO: A MARMELADA LISTA E ENVASADA PARA LEVAR PARA A CASA.

AÍNDA NON A PROBAMOS PERO SÓ CO ASPECTO... PROMETE ESTAR "RICA, RICA"!