Hai un conto que nos gusta moito, chámase UNHA EIRUGA MOI LARPEIRA de Eric Carle. Este autor dixo:
“Coido que o paso do fogar ao colexio é o segundo maior
trauma da nenez; o primeiro, por suposto, é nacer. En efecto, en ámbolos
casos deixamos un lugar de calidez e protección por outro descoñecido.
Creo que os nenos e nenas son creativos por natureza e capaces de aprender. Nos
meus libros intento conter ese temor, reemplazalo cunha mensaxe
positiva. Quero ensinarlles que aprender é realmente fascinante e
divertido”.
O conto dí así:
"Á luz da lúa, un ovo diminuto repousaba sobre unha folla.
Un domingo pola mañá, cando o sol comezaba a quentar: PLOP!..., do ovo saíu unha eiruga pequerrecha e moi larpeira.
Como tiña fame, buscou algo para comer. O luns rillou nunha mazá, pero aínda quedou con fame. O martes rillou en dúas peras, pero aínda quedou con fame. O mércores rillou en tres ameixas, pero aínda quedou con fame. O xoves rillou en catro amorodos, pero aínda quedou con fame. O venres rillou en cinco laranxas, pero aínda quedou con fame. O sábado rillou nun anaco de tarta de chocolate, nun xeado de cucurucho, nun cogombro, nun cacho de queixo suízo, nunha rebanda de salchichón, nunha piruleta, nunha porción de pastel de cereixas, nunha salchicha, nunha madalena e nunha tallada de sandía.
Pola noite, pegoulle unha forte dor de barriga!
Ao día seguinte era outra vez domingo. A eiruga rillou nunha saborosa folla verde, e sentiuse moito mellor. Xa non tiña fame, e tampouco era pequena. Agora era unha eiruga grande e gordecha.
Teceu un casulo ao seu redor e ficou dentro máis de dúas semanas. Despois furou o casulo, saíu polo burato e ... apareceu convertida nunha fermosa bolboreta!"
...e como dixo Eric Carle: foi realmente FASCINANTE E DIVERTIDO!