Unha das actividades máis interesantes que realizamos no noso cole é a de elaborar papel reciclado de xeito artesanal. Non é tanto a cantidade que facemos senon a aprendizaxe do todo o proceso.
Comezamos por cortar en anaquiños papeis que xa non nos serven: xornais, recortes de cartolinas, papel pinocho, ...
O seguinte paso é poñer o papel nun recipiente e engadir auga.
Deixamos repousar dous días... e batemos.
Agora vén o traballo máis delicado...
Despois de un día de secado, conseguimos varios folios de papel totalmente reciclado.
O primeiro uso que lle damos o papel é elaborar uns marcapáxinas personalizados.
E as postais para felicitar á nosa familia neste Nadal.
Disfrutamos moitisimo cunha actividade que nos ensina a coidar un pouquiño mellor o noso planeta.