22 de diciembre de 2012

Decembro 2012: Papá Noel

Hoxe foi un día moi especial. Recibimos na escola a visita de papá Noel!
Contounos moitas cousas da súa viaxe, dos renos, do traballo que tiña estes días e trouxo agasallos para todos. 
Nós cantámoslle panxoliñas ...
... e aínda que  máis de un estaba algo asustado, sacamos unha foto con el
Foi un fin de trimestre xenial!
Agora a disfrutar das vacacións!
 

19 de diciembre de 2012

Decembro 2012: A carta ós Reis Magos

Estes días estivemos preparando a nosa carta para os Reis Magos. Sabemos que Melchor, Gaspar e Baltasar están moi ocupados por iso decidimos pedir só unha cousa cada un. Como somos moi bos e nos portamos "super ben" esperamos que traian agasallos para tódolos nenos e nenas do cole.

Hoxe fomos levar a carta á oficina de correos. Aquí estamos preparados coa nosa gorra de carteiro/a:
 No camiño de ida, ó pé da escalinata:
E xa diante  de Correos:
  Alí visitamos toda a oficina e entregamos as nosas cartas.
Viñemos cos petos cheos de caramelos e cunha "hucha" moi especial: un buzón pequerrecho.
Foi unha xornada moi especial!


Decembro 2012: O Nadal

Este mes estamos moi ocupados preparando o Nadal na Escola. Estivemos traballando arreo para poñer  "super bonito" todo o cole. A máxima é utilizar materiais de refugallo. Nós fixemos os piñeiros da paisaxe navideña que temos na entrada, na que somos protagonistas tódolos nenos e nenas do cole.


  Pintamos oveiras e estrelas para facer a árbore xigante que temos no patio. 


Quedou do máis orixinal!

Aquí estamos, diante das postais de todolos nenos e nenas do cole 

E na nosa clase:
As estrelas,
 
A árbore, 
As nosas postais,
 TODO ARRECENDE A NADAL!




13 de diciembre de 2012

Decembro 2012: Papel reciclado

Unha das actividades máis interesantes que realizamos no noso cole é a de elaborar papel reciclado de xeito artesanal. Non é tanto a cantidade que facemos senon a aprendizaxe do todo o proceso.
Comezamos por cortar en anaquiños papeis que xa non nos serven: xornais, recortes de cartolinas, papel pinocho, ...

O seguinte paso é poñer o papel nun recipiente e engadir auga.

 Deixamos repousar dous días... e batemos.
Agora vén o traballo máis delicado...

Despois de un día de secado, conseguimos varios folios de papel totalmente reciclado.
 O primeiro uso que lle damos o papel é elaborar uns marcapáxinas personalizados.
 E as postais para felicitar á nosa familia neste Nadal.
Disfrutamos moitisimo cunha  actividade que nos ensina a coidar un pouquiño mellor o noso planeta.

9 de diciembre de 2012

Decembro 2012: Unha eiruga moi larpeira

Hai un conto que nos gusta moito, chámase UNHA EIRUGA MOI LARPEIRA de Eric Carle. Este autor dixo:

“Coido que o paso do fogar ao colexio é o segundo maior trauma da nenez; o primeiro, por suposto, é nacer. En efecto, en ámbolos casos deixamos un lugar de calidez e protección por outro descoñecido. Creo que os nenos e nenas son creativos por natureza e capaces de aprender. Nos meus libros intento conter ese temor, reemplazalo cunha mensaxe positiva. Quero ensinarlles que aprender é realmente fascinante e divertido”.

O conto dí así: 

 "Á luz da lúa, un ovo diminuto repousaba sobre unha folla.
Un domingo pola mañá, cando o sol comezaba a quentar: PLOP!..., do ovo saíu unha eiruga pequerrecha e moi larpeira.

Como tiña fame, buscou algo para comer. O luns rillou nunha mazá, pero aínda quedou con fame. O martes rillou en dúas peras, pero aínda quedou con fame. O mércores rillou en tres ameixas, pero aínda quedou con fame. O xoves rillou en catro amorodos, pero aínda quedou con fame. O venres rillou en cinco laranxas, pero aínda quedou con fame. O sábado rillou nun anaco de tarta de chocolate, nun xeado de cucurucho, nun cogombro, nun cacho de queixo suízo, nunha rebanda de salchichón, nunha piruleta, nunha porción de pastel de cereixas, nunha salchicha, nunha madalena e nunha tallada de sandía.
Pola noite, pegoulle unha forte dor de barriga!
Ao día seguinte era outra vez domingo. A eiruga rillou nunha saborosa folla verde, e sentiuse moito mellor. Xa non tiña fame, e tampouco era pequena. Agora era unha eiruga grande e gordecha.
Teceu un casulo ao seu redor e ficou dentro máis de dúas semanas. Despois furou o casulo, saíu polo burato e ... apareceu convertida nunha fermosa bolboreta!"

 Nós fixemos a nosa versión deste conto tan bonito:







...e como dixo Eric Carle: foi realmente FASCINANTE E DIVERTIDO!
   
 

2 de diciembre de 2012

Decembro 2012: Plantación de bulbos

No outono, tódolos nenos e nenas da escola plantamos uns bulbos no noso xardín, dentro do proxecto medioambiental Voz Natura. A nós tocounos plantar os narcisos.

         E agora a esperar os resultados na primavera!




20 de noviembre de 2012

Novembro 2012: Exposición de cogumelos na Casa da Cultura

Estivemos visitando unha exposición de cogumelos na Casa da Cultura. 



Aínda que vimos moitas clases de cogumelos, xa sabemos que non todos son comestibles e que hai uns que son "velenosos" que non se poden comer, chámanse AMANITAS.