NO MES DE MARZO TEMOS DÚAS DATAS IMPORTANTES PARA CELEBRAR NA NOSA ESCOLA COINCIDINDO CO INICIO DA PRIMAVERA:
- O 21, DÍA DA ÁRBORE
- O 22, DÍA MUNDIAL DA AUGA
NESTES DÍAS ESTIVEMOS REALIZANDO DIVERSAS ACTIVIDADES ENCAMIÑADAS A VALORAR AS ÁRBORES E A AUGA COMO FONTES DE VIDA.
- PLANTAMOS O NOSO HORTO PARTICULAR
E POR SUPOSTO, REGAMOS!
XA SABEMOS QUE A AUGA É NECESARIA PARA TODOS OS SERES VIVOS.
LEITUGAS, ALLOS, CHÍCHAROS, TOMATES, PEMENTOS, AMORODOS E ALGÚN TULIPÁN. COMO LOCE O NOSO INVERNADOIRO!
- PLANTAMOS UNHA ÁRBORE NO XARDÍN: UN CASTIÑEIRO.
- TRABALLIÑOS REFERIDOS A ESTAS CELEBRACIÓNS
- E POR ÚLTIMO, TAMÉN TOCA LEVAR PARA PLANTAR NA NOSA CASA OS CARBALLOS QUE TIÑAMOS SEMENTADO NA CLASE POLO OUTONO E QUE AGORA XA ESTÁN MOI MEDRADOS.
PEQUENOS PASOS QUE IMOS DANDO DENDE A NOSA ESCOLA PARA SALVAR O MEDIOAMBIENTE.
FELIZ DÍA DA ÁRBORE! FELIZ DÍA DA AUGA!