30 de enero de 2016

Xaneiro 2016: Día da Paz

O DÍA 30 DE XANEIRO CELÉBRASE O DÍA DA NON VIOLENCIA E A PAZ. ESTE ANO, AO COINCIDIR EN SÁBADO, DECIDIMOS ADIANTARNOS.
XA LEVAMOS UNS DÍAS TRABALLANDO NUN PEQUENO PROXECTO EN TORNO A ESTE TEMA: "XUNTOS POLA PAZ". 
PARTIMOS DALGUNHA DAS OBRAS DO PINTOR E ESCULTOR BRASILEIRO, Romero Britto, AO QUE CADA UN DE NÓS LLE DEU O SEU TOQUE PERSOAL.
 



 



 


QUEDOUNOS UN MURAL COLECTIVO FANTÁSTICO QUE APROVEITAMOS COMO FONDO DAS FOTOS QUE UTILIZARÍAMOS PARA DARLLE VIDA A UNHA CANCIÓN DO GRUPO Celtas cortos ADICADA A Rigoberta Menchú, PREMIO NOBEL DA PAZ NO ANO 1992.
 
O RESULTADO FINAL DESTE TRABALLO É UN VÍDEO QUE XA TEMOS NO CANAL DE YOUTUBE DA NOSA ESCOLA E QUE PODEDES VER A CONTINUACIÓN.

                    

ESTIVEMOS A FACER TAMÉN UNHAS POMBAS ÁS QUE LLES PEGAMOS A PALABRA Paz E QUE CONVERTEMOS EN BROCHES PARA LUCIR NESTE DÍA TAN IMPORTANTE.
                                    
 E XA, CON TÓDOLOS NOSOS COMPAÑEIROS E COMPAÑEIRAS DA ESCOLA, INTERPRETAMOS A CANCIÓN "All you need is love", E TAMÉN "Un millón de amigos" DE Roberto Carlos.

"A paz non é só algo que desexas, é algo que creas
algo que fas, algo que es e algo que agasallas"