O DÍA 24 DE FEBREIRO CÚMPRENSE 178 ANOS DO NACEMENTO DE ROSALÍA DE CASTRO, A NOSA ESCRITORA MÁIS UNIVERSAL.
NÓS, DENDE A NOSA ESCOLA, TAMÉN QUIXEMOS HOMENAXEAR A ESTA MULLER EXCEPCIONAL QUE ESCRIBIU A PRIMEIRA OBRA DA LITERATURA GALEGA CONTEMPORÁNEA "CANTARES GALLEGOS".
NOS PRÓXIMOS DÍAS VISITAREMOS A SÚA CASA EN PADRÓN, "A CASA DA MATANZA", ONDE ELA ESCRIBÍA POEMAS TAN MARABILLOSOS!