NO PASADO MES DE XANEIRO, DENTRO DO PROGRAMA "INNÓVATE 2" DA DIPUTACIÓN DE LUGO, ESTIVEMOS A REALIZAR UN CURSO NA AULA CEMIT (CENTRO PARA A MODERNIZACIÓN E A INCLUSIÓN TECNOLÓXICA) DO CONCELLO DE SARRIA QUE ESTÁ NA CASA DA CULTURA.
O CURSO FOI DE INICIACIÓN AO TUX PAINT, UN PROGRAMA DE SOFTWARE LIBRE DE DEBUXO PARA NENOS E NENAS DE TRES A DOCE ANOS.
COMBINA UNHA FÁCIL INTERFACE CON DIVERTIDOS EFECTOS DE SON E UNHA MASCOTA DE DEBUXOS ANIMADOS QUE ANIMA AOS NENOS E NENAS QUE UTILIZAN O PROGRAMA.
EXPERIMENTAMOS DEBUXANDO NO ORDENADOR
E LOGO, CADA UN, FIXEMOS UN BARCO CUN MONTÓN DE PASAXEIROS MOI DIVERTIDOS A BORDO.
MENUDA FLOTA!!!!!!!
GÚSTANOS DEBUXAR E GÚSTANOS O ORDENADOR, TOTAL QUE DESTA MISTURA SAÍRON UNHAS OBRAS DE ARTE FANTÁSTICAS PERO NON POIDEMOS IMPRIMILAS, QUE LÁSTIMA...
DE TÓDOLOS XEITOS, AGORA XA COÑECEMOS ESTE PROGRAMA, O TUX PAINT, E XA PODEMOS DEBUXAR NOS ORDENADORES DA NOSA ESCOLA.
CANTO APRENDEMOS HOXE!!!!!!!!