30 de enero de 2015

Xaneiro 2015: DÍA DA PAZ

UN ANO MÁIS ESTAMOS A CELEBRAR O DÍA DA PAZ E A NON VIOLENCIA NA NOSA ESCOLA CON CANCIÓNS, POEMAS, ...



UNHA DATA QUE DEBERIAMOS TRASLADAR A TÓDOLOS DÍAS DO ANO , PORQUE...

...OU CAMIÑAMOS TODOS XUNTOS CARA A PAZ OU XAMAIS A ATOPAREMOS!

23 de enero de 2015

Xaneiro 2015: AULA CEMIT, INICIACIÓN A TUX PAINT

NO PASADO MES DE XANEIRO, DENTRO DO PROGRAMA "INNÓVATE 2" DA DIPUTACIÓN DE LUGO, ESTIVEMOS A REALIZAR UN CURSO NA AULA CEMIT (CENTRO PARA A MODERNIZACIÓN E A INCLUSIÓN TECNOLÓXICA) DO CONCELLO DE SARRIA QUE ESTÁ NA CASA DA CULTURA.
O CURSO FOI DE INICIACIÓN AO TUX PAINT, UN PROGRAMA DE SOFTWARE LIBRE DE DEBUXO PARA NENOS E NENAS DE TRES A DOCE ANOS.


 













COMBINA UNHA FÁCIL INTERFACE CON DIVERTIDOS EFECTOS DE SON E UNHA MASCOTA DE DEBUXOS ANIMADOS QUE ANIMA AOS NENOS E NENAS QUE UTILIZAN O PROGRAMA.

EXPERIMENTAMOS DEBUXANDO NO ORDENADOR















E LOGO, CADA UN, FIXEMOS UN BARCO CUN MONTÓN DE PASAXEIROS MOI DIVERTIDOS A BORDO. 
MENUDA FLOTA!!!!!!!

GÚSTANOS DEBUXAR E GÚSTANOS O ORDENADOR, TOTAL QUE DESTA MISTURA SAÍRON UNHAS OBRAS DE ARTE FANTÁSTICAS PERO NON POIDEMOS IMPRIMILAS, QUE LÁSTIMA... 

DE TÓDOLOS XEITOS, AGORA XA COÑECEMOS ESTE PROGRAMA, O TUX PAINT,  E XA PODEMOS DEBUXAR NOS ORDENADORES DA NOSA ESCOLA.
CANTO APRENDEMOS HOXE!!!!!!!!